Loading...
11.4.09

Onde viven os monstros

Xa se me están poñendo os dentes longos... Podería non perdonarllo. Do mesmo xeito que milleiros de persoas poderían facer o mesmo de ter convertido o seu libro no que non é. Adaptar un libro ao cine sempre é un risco. Uns queren ver literalmente reflexada a literatura na pantalla. Outros, queren que se faga unha adaptación cinematoigráfica sen traizoar o espíritu do conto. A empresa é difícil, pero agardemos para saber que fixeron coa adaptación de Onde viven os monstros, o libro por excelencia de Maurice Sendak para moitos nenos e nenas que hoxe teñen trinta anos.

Velaí vai o trailer que xa anda circulando pola internet. A estrea será no outono deste ano.

2 comentarios:

  1. pois hai que ve-la, ten unhas pintas barbarísimas. Podes crer que hai uns meses tentei conseguir un exemplar en galego desta obra, publicada por Kalandraka, e non foi posibel. Serán demasiado caros os dereitos ou non pensan aproveitar esta ocasión, eu por seacaso non merco a fea edición en castelán, viches? a galega ten formato horizontal e a castelán unha pequena portada con ilustración, en formato vertical, esa si que a vin.

    ResponderEliminar
  2. Se visitas a páxina de amazon ou barnes and noble verás que a edición orixinal ten formato apaisado. Non sei que fará Kalandrka, se unha reedición ou se xa non teñen os dereitos

    ResponderEliminar

 
TOP