Loading...
7.4.09

Animais

Quixo a casualidade que caísen nas miñas mans unha chea de libros dunha editorial mexicana,  descoñecida. E o de descoñecida porque nunca tivera entre as mans un libro de Nostra Ediciones nas mans e non podía dicir que clase de libros e que edición facían deles. Onte puiden ollar unha chea deles, pero soamente podo falar de dous que lin detidamente (hai un libro que parece interesante de Antonio Santos, pero un non dá para máis así que terá que agardar a que a mesa se vaia baleirando de libros pendentes de lectura). Os dous que vexo teñen como protagonistas os animais do Novo Mundo (Quizais merecese unha reflexión ese concepto de Vello e Novo Mundo, pois como di o poema de Brodsky, América xa existía antes de que os europeos a "descubrisen") e un enfoque naturalista, pero tamén antropolóxico. De aí a orixinalidade e o interese que para o lector curioso teñen estes dous títulos. 
O primeiro titúlase BICHOS e é obra compartida entre unha divulgadora, educadora e máis cousas chamada Luz María Chapela e Roberto Rojo. 
O segundo leva o título de ANIMALES DEL NUEVO MUNDO e o seu autor é Miguel León Portilla, con ilustracións de Miguel Castro Leñero, un coñecido pintor mexicano.
Para os mexicanos teñen o valor engadido de ser obras bilingües en castelán e nahuatl. Conteñen interesante información biolóxica, pero tamén sobre as crenzas e valores que os acompañaban nas culturas indíxenas de méxico. Animais coma o can, o ocelote ou a serpe negra teñen recollidas parte das súas historias e o reflexo da relación que o ser humano mantivo con eles desde hai miles de anos, e que deixaron a súa pegada nos relatos populares, los ritos y la imagen de ellos que impregna el subconsciente de los individuos.

ANIMALES
La casualidad ha querido que cayesen en mis manos un montón de libros de una editorial mejicana desconocida para mi. Y digo desconocida porque nunca había tenido la oportunidad de ojear los libros de Nostra Ediciones. Ayer pude echarles un vistazo muy por encima (hay un libro  de Antonio Santos que me parece interesante, pero uno no da para más, así que deberé esperar a que mi mesa se vaya vaciando de libros pendientes de lectura). Los dos que he leído tienen a los animales del Nuevo Mundo como protagonistas (Quizás lo de Viejo y Nuevo Mundo mereciese una reflexión, pues como dice el poema de Brodsky, América existía antes de que los europeos la "descubriesen") y el enfoque a que son sometidos es dual; biológico, por un lado, y antropológico por el otro. He ahi el interés que tienen para un lector curioso.
El primero lleva por título BICHOS y es una obra compartida por una divulgadora y educadora mejicana llamada Luz María Chapela y el pintor Roberto Rojo. 
El segundo lleva por título de ANIMALES DEL NUEVO MUNDO y su autor es Miguel León Portilla, profundo conocedor de la cultura nahuatl, con ilustraciones de Miguel Castro Leñero, un conocido pintor mejicano.
Para los mejicanos tienen el valor añadido de ser obras bilingües en castellano y nahuatl. Contienen interesante información de biológica, pero también sobre las creencias y valores que los acompañaban en las culturas indígenas de Méjico. Animales como el perro. el ocelote o la serpiente negra ven recogidas parte de sus historias y el reflejo de la relación que el ser humano ha mantenido con ellos desde hace miles de años, y que han dejado su marca en los relatos populares, los ritos y la imagen que impregna el subconsciente de esos pueblos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP