Loading...
8.3.09

Exit e a banda deseñada

O recén nacido Xornal de Galicia é o único medio de comunicación en Galicia que atrae a novos lectores de xornais, se os xornais aínda manteñen esa capacidade de seducción, a través dun tratamento da información desde unha óptica nova, pero tamén coa aportación de novos suplementos como o EXIT que acollen manifestacións que os demais medios galegos e españois ignoran. Neste suplemento o tratamento da banda deseñada ten unha importancia salientable e ocupa unha parte importante do mesmo. No último número (venres, 6 de marzo) adicaba 
portada e dúas páxinas a Watchmen, aproveitando que acaba de ser pasado á pantalla. O domingo 8 podiamos ler outro artigo no que se fala da conquista por parte das mulleres de espazos na novela gráfica.
Gustaríame que ese pulo o collese tamén o suplemento cultural dos sábados, NÓS, onde o tratamento dos libros é moi escaso e creo que merecería máis. Moi recomendable a lectura das páxinas adicadas ao controvertido e nunca ben ponderado Ramón Piñeiro, o da mesa camilla.
Mentres tanto El País sacaba unha información sobre o álbum ilustrado en Galicia onde había algún erro de vulto, case me dá ganas de escribir vulto con maiúsculas, e no que faltaban elementos importantes para facer un retrato do álbum ilustrado, a súa historia e a súa función dentro dun proceso de normalización literaria. E o Babelia caendo en picado.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP