Loading...
15.3.09

A Escola Gençana Premio Pep Sempere

Acaba de fallarse o III Premio Pep Sempere e este ano recaeu sobre o colexio Gençana de Godella (Valencia), unha escola cunha traxectoria impresionante tanto no terreo literario como en moitos outros. Unha escola laica concertada onde a formación estética do alumnado é un obxectivo fundamental en todos os ciclos e niveis, onde a presenza dos grandes autores e ilustradores da literatura infantil española e internacional é unha constante, onde as pedagoxías activas marcan a vida do centro e onde se conseguiu algo moi importante, a participación de toda a comunidade escolar (pais, nais, persoal de cociña, mestres...) nun proxecto educativo compartido no que a literatura é a base e o libro de texto desapareceu.
Para moitos o máis chamativo quizais sexa o carnaval literario que organizan todos os anos polo mes de febreiro, pero que ocupa moitos meses de traballo compartido en todas as áreas, de xeito que o tema do carnaval é o proxecto global da escola e impregna todas as materias e niveis educativos.

Felicidades polo premio, polos cen quilos de cereixas e polos cincuenta libros (que seguramente non precisarán).

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP