Loading...
28.2.09

Prato de gusto

O descubrimento deste libro débollo a Agustín Fernández Paz que nunha desas charlas que adoitaba dar por Galicia adiante, nos leu un fragmento deste libro que a min me pareceu naquela altura provocador, enxeñoso e deslumbrante. Pero por moito que o busquei en librerías de vello, na costa de Moyano e en calquera cidade en que paraba, nunca puiden saber del. Agora tras un feixe de anos de inexistencia, volve aparecer gracias a Tropo Editores, nunha edición que semella todo un luxo.
un libro estupendamente surrealista, cheo de humor (negro) que escribira Roland Topor, compañeiro de grupo de Fernando Arrabal (autor do prólogo) e de Alejandro Jodorowsky no grupo Pánico.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP