Loading...
7.2.09

Algunhas novidades interesantes das últimas semanas

Despois do frenesi de publicacións previas ao nadal, que este ano foron menos, chegamos a un tempo no que as cousas se relaxan notablemente. Pero a chegada do mes de febreiro supón un novo punto de partida cara á primavera en que as cousas se animan coa Feira de Boloña, as celebracións de abril e maio, para rematar coa feira do libro de Madrid.
A incertidume do que pode pasar coa crise que se precipita sobre o conxunto do planeta.
Que farán os editores? Atreveranse a reducir o número de libros que se publican ou simplemente se conformarán con reducir as tiradas? A entrevista que Xornal de Galicia publicaba ao presidente de Xerais non daba moitas pistas do que pode suceder neste ano 2009. De todos os xeitos vai ser un ano difícil, pero eu apúntome a pensar que certos sectores da edición teñen unha fortaleza para afrontar a crise polas características dos seus compradores. Outra cousa é o que pode suceder con moitas librerías fóra das grandes cidades.




Bárbara Fiore anuncia a publicación do último libro ilustrado por Shaun Tan, Los conejos.
Así mesmo aparece o libro de Ann e Paul Rand,Sé muchas cosas, autores doutros dous libros xa publicados por esta editorial andaluza.




Faktoría K de libros, que o Xornal de Galicia confunde con Kalandraca no último suplemento Nós, acaba de publicar o primeiro libro bilingüe galego-chinés. Leva por título O nacemento do dragón e conta a historia mítica de como apareceu este animal tan cargado de simbolismo na cultura dese gran país. A mesma editora prepara o lanzamento do I Premio de poesía Ciudad de Orihuela do que é autora
Beatriz Osés e que ilustra Miguel Ángel Díez (
Ilustrador tamén de Los animales de la lluvia).





















Na banda deseñada,
Astiberri publica o último de Guy Delisle, Crónicas Birmanas, autor reseñado no último número do ABCD las artes y las letras por Jorge Carrión. Por certo qu
e merece a pena que se reseñe o esforzo de Xornal de Galicia pola banda deseñada. O que me chama a atención é que forme parte do suplemento Exit que publica os
venres e non do Nós que o fai o sábado.



Kalandraka, seguindo coa xeira de publicación de obras de Leo Lionni, publicou A casa máis grande
do mundo. Tamén anuncia a publicación do libro portugués Con p de papá, escrito por Isabel Minhós e ilustrado por Bernardo
Carvalho. Publicado orixinalmente en Planeta Tangerina, unha das editoras que están situando o álbum ilustrado
portugués nun punto destacado.










ALGUNAS NOVEDADES INTERESANTES


Tras el frenesí de publicaciones previas a la navidad, que este año fueron menos, lle
gamos a un tiempo en que las cosas se relajan notablemente. Pero la llegada del mes de febrero supone un nuevo punto de partida hacia la primavera, dónde las cosas se animan con la proximidad de Bolonia, las celebraciones de abril y mayo, para rematar en la Feria del libro de Madrid.
La incertidumbre de lo que puede traernos la crisis que se precipita sobre el conjunto del planeta. ¿Qué harán los editores? ¿Se atreverán a reducir el número de libros que se publican o reducirán las tiradas?
De todas formas estamos ante un año difícil, aunque yo me inclino a pensar que ciertos sectores de la edición tienen fortaleza para afrontar las dificultades por la característica de sus compradores. Cosa distinta es lo que pueda suceder
con muchas librerías, especialmente fuera de las grandes ciudades.




Bárbara Fiore anuncia la publicación del último libro ilustrado por Shaun Tan, Los conejos. También aparece el libro de Ann e Paul Rand,Sé muchas cosas, autores de otros dos libros también publicados por esta editorial andaluza.






Faktoría K de libros acaba de publicar el primer libro bilingüe chino-castellano (No tengo noticias de otro). Lleva por título El nacimiento del dragón y cuenta la historia mítica de la creación de este animal, tan pleno de simbolismos en la cultura de ese gran país.
Faktoría K también se prepara para la presentación del libro de Beatriz Osés que se hizo con el I Premio de poesía Ciudad de Orihuela y que tendrá ilustraciones de Miguel Ángel Díez
(Ilustrador también de Los animales de la lluvia).


















En el terreno del cómic, Astiberri publica el último de Guy Delisle, Crónicas Birmanas, autor reseñado en el penúltimo número del ABCD las artes y las letras por Jorge Carrión.




Kalandraka, siguiendo con su ciclo de publicaciones de obras de Leo Lionni, ha publicado La casa máis grande del mundo. También anuncia la publicación del libro portugués Con p de papá, escrito por Isabel Minhós e ilustrado por Bernardo Carvalho. Originariamente publicado por Planeta Tangerina, que está situando el álbum ilustrado en un nivel muy alto en Portugal.

2 comentarios:

  1. a verdade é que hai cousiñas ben interesantes, eu engadiría un libro de Javier Sobrino e Odriozola en Thule, e tamén para marzo un novo libro de Beatrice Alemagna.
    De Barbara Fiore pódoche dicir ben cousas, éste está moi moi ben e seino porque xa o teño na casa, pero para mi A amante do medo, ou a señora e o neno, é do máis novidoso e incluso arriscado desta primavera, o primeiro un conto para nenas adultas ou para chicos trastes e logo adultos formais, hehe... O do oso coa espada da mesma editorial ten bos premios enriba, o white ravens o8 e o de ser un dos cen libros máis fermosos do año polo festival Picture books, xa ves, a ver se as bibliotecas nos fan un favor.
    Oqo tamén ten un plantel interesantes, despois do fermoso Fume, libros ilustrados por Castagnoli ou Gabriel Pacheco... ao fin, creo que vou tecer algo, porque entrame a febre consumista e non teño sitio para moitos máis libros...

    ResponderEliminar
  2. Algúns dos que comentas vinos en internet, pero fisicamente non.
    Tamén me din que hai algunhas pequenas editoriais como SAbina editora que están a punto de sacar cousas interesantes.
    Daremos para tanto?

    ResponderEliminar

 
TOP