Loading...
3.1.09

O mellor do ano

Os últimos días de decembro traen a publicación de listas e máis listas. En moitos casos pretenden representar o criterio de críticos e noutros simplemente a opinión de lectores.
Dos primeiros, podedes ver os títulos elixidos polos críticos de El cultural e dos segundos, a lista do blog Bienvenidos a la fiesta (Aquí tamén podemos ver un listado de libros infantiles e xuveniles).
Sobre a primeira lista non podo dar unha opinión, pois fáltanme por ler moitos dos libros que selecionaron. Da segunda, teño algunhas diferenzas (Eu non consideraría álbumes algún dos que o responsable da web considera como tales), pero paréceme un listado estimable.
Como en todo, cada lector ten o seu criterio e todos respectables; soamente o feito de poñerse a selecionar cinco, dez ou quince títulos como os mellores do ano xa me parece unha tarefa difícil.


LO MEJOR DEL AÑO
Los últimos días del año nos traen una marea de listados. En muchos casos pretenden representar el criterio de críticos y en otros, la opinión de lectores.
Entre los primeros, podéis ver en este enlace los libros elegidos por los críticos de El Cultural, y de los segundos, la lista de Bienvenidos a la fiesta (Aquí tambien podemos ver u listado de libros infantiles y juveniles).
Sobre la primera lista no puedo dar una opinión con criterio, puesto que no he leído muchos de los libros que seleccionaron. Con respecto a la segunda, manifiesto algunas diferencias (Yo no consideraría álbumes algunos de los libros que el responsable de la web menciona como tales), pero me parece una lista estimable.
Como en todo, cada lector tiene su criterio y todos ellos respetables; sólamente el hecho de tener que seleccionar cinco, diez o quince títulos como los mejores del año ya me parece una empresa bastante difícil.

3 comentarios:

  1. estou de acordo, a verdade é que só as bibliotecas nos permiten ollar todo, pero a nosa está hai un mes en obras e non saben cando estará disponibel... agora que os meus nenos teñen o carné. As listas son interesantes, polo menos coñezo libros a través delas pero moitas veces non coincido, lóxico. Un libro lindo lindo é o de Ungerer, o da familia Melop, uns debuxos estupendos que completan a historia, son tan riquiños eses porcos aventureiros (iso din os meus nenos). Bo ano

    ResponderEliminar
  2. Os Melops, umm!
    Pódesme crer que aínda non vin a edición nova, de Anaya, non? Eu conservo a vella.

    ResponderEliminar
  3. Hola!

    Como nunca atopaba un foro sobre literatura galega decidín abrir un:
    http://ronsel.netgoo.org/

    Se queredes facer algunha achega sodes benvidos.

    Saudos e parabéns polo blog!

    ResponderEliminar

 
TOP