Loading...
3.1.09

A literatura infantil nos medios

Nos grandes medios de comunicación a literatura infantil a penas existe. Volvemos ao tema da invisibilidade que tanto ocupa a Agustín Fernández Paz. Os suplementos da prensa galega, pouco se ocupan dela, agás o suplemento do Faro de Vigo (cun enfoque moi dubidoso), A Nosa Terra e pouco máis. Xornal de Galicia publica un suplemento cultural, Nós, no que os libros son unha parte máis; aínda que a banda deseñada aparece no suplemento de ocio que se publica os venres. Descoñezo que pasa con La Región, El Progreso ou El Ideal Gallego. A nivel estatal, unicamente EL Cultural adica unha páxina ao mes para falar da LIX. Pero cando chega o nadal, todos lle adican un espazo extra.
O mesmo sucede coa televisión. Mañá día 4 de xaneiro, no seu horario tan habitual como vergoñento, o programa da TVG Libro aberto fará o seu especial de literatura infantil. Na TVE, Página 2 xa o fixo.
Conclusións rápidas que un sacou despois de follealos:
  1. Coincidencia con algunha lectora que no foro de Babar expresaba a estrañeza e o dubidoso criterio á hora de facer a seleción.
  2. Moitos medios coinciden sospeitosamente no tema en que centran a súa eleción temática (Este ano varios medios coincidiron nos desplegables, tamén coñecidos como pop-ups. O último, El País hoxe mesmo).
  3. Escasa xustificación literaria e estética da eleción.
  4. Moitas das reseñas estan mediatizadas polos conglomerados empresariais dos que forman parte editoriais, ou noutros casos por tinglados ideolóxicos nos que están implicados autores e editoriais.
O panorama é un pouco desolador. Non se consegue contar cunha crítica de libros infantís profesionalizada, independente e con criterio

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP