Loading...
12.12.08

IT'S UP TO YOU NEW YORK, NEW YORK

Xa dixen que a viaxe neoyorquina do meu "correspondente" había de dar para algunha entrada máis. Dos trece libros que me enviou, hoxe vou destacar tres por diferentes motivos.
O deseño é un dos aspectos interesantes de "Follow The Line" e de "Whoo? Whoo?"

David A. Carter constrúe libros-escultura (pop-ups) que son moi atractivos para os curiosos delicados, porque nas bibliotecas se prestan con moito coidado polo laborioso da reconstrución das pezas manexadas de forma descoidada.
Os 600 puntos negros é un dos seus libros máis coñecidos aquí deste autor. "Whoo? non require a delicadeza manipulativa dos puntos; emprega un recurso frecuente na literatura infantil, atrapar o lector a través da invitación a un xogo de adiviñas. Non temos máis que lembrar "¿De quién es este rabo?" da (Barberis. Edit. Miñón e Susaeta). Este Whoo?... (Quen?...). Sabes cal é o animal que oculta na páxina seguinte? é a pregunta que lle plantexa ao lector. A pista está nos baleiros dos troqueis que aparecen na páxina. Con eles o lector debe tentar atopar a resposta mediante a reconstrución da figura do animal de que se trata.
Na súa web, os pequenos e os pais poden atopar plantillas imprimibles para construír sinxelos pop-ups e vídeos orientativos de como construílos.


Sen embargo "Follow the Line", "Segue a liña", cun estilo moi persoal invítanos a seguir un camiño que nos transporta aos espazos eco-xeográficos máis contrastados do noso planeta e mesmo ao espazo exterior, onde aparecen os seres vivos característicos deses lugares e sobre os que a autora nos conta unha serie de curiosidades.

Laura Ljungkvist, aínda que sueca de nacemento, vive e traballa en Nova York onde publicou outros dous libros na mesma idea tanto estética como de contido.

Dúas páxinas de Follow The Line

O terceiro libro é un texto do poeta Joseph Brodsky, que con certa ironía conta unha historia do descubrimento dos Estados Unidos (Os peixes descubriron América, despois as aves... Finalmente os banqueiros) seguida dunha certa inxenuidade no final. Brodsky (nacido en Leningrado) e Vladimir Radunsky (non o sei, pero posiblemente de orixes rusas) únense nun libro que aínda que non é dos mellores do ilustrador ten o seu aquel. O máis afortunado para min é a cuberta.



IT'S UP TO YOU NEW YORK, NEW YORK
Ya había dicho que el viaje neoyorquino de mi corresponsal daría para más de una entrada. De los trece libros que me ha traido, hoy hablaré de tres por motivos diferentes.

La ilustración, el diseño es uno de los aspectos interesantes de los dos primeros: "Follow The Line" y "Whoo? Whoo?"

David A. Carter construye libros-escultura (pop-ups) que son muy atractivos para los curiosos delicados, porque en las bibliotecas se prestan pero viéndolos de reojo, por lo laborioso que resulta reconstruirlos cuando son tratados de forma poco cuidadosa y se demsontan las piezas.
"600 puntos negros" es uno de sus libros más conocidos aquí. Éste, menos delicado, emplea un recurso frecuente en muchos libros infantiles, invitar al lector a un juego de adivinanzas: ¿Sabes qué animal se oculta en la página siguiente? Basta recordar libros como "¿De quién es este rabo?" (Barberis. Edit. Miñón e Susaeta). Este Whoo?... (Quién?...) Para responderla el lector deberá observar la página troquelada e imaginar qué animal puede construír con las siluetas que forman los troqueles.
En su web, los pequeños y sus padres pueden encontrar plantillas imprimibles para construir sencillos pop-ups y breves vídeos explicativos para orientarnos en el proceso.



Sin embargo "Follow the Line", "Sigue la línea", con un estilo muy personal nos invita a seguir un camino que nos traslada a los espacios eco-geográficos más contrastados de nuestro planeta y al espacio, dónde aparecen algunos seres vivos característicos de cada uno de ellos y sobre los que la autora nos cuenta una serie de curiosidades, informaciones brevísimas sobre sus características, etc.
Su autora, Laura Ljungkvist, sueca de nacimiento pero afincada en Nueva York, ha publicado más libros en esta línea, aunque con diferente localización espacial y geográfica, pero siguiendo la misma línea estética y de contenido.



Dos páginas de Follow The Line

El tercer libro es un texto del poeta Joseph Brodsky, que con cierta ironía cuenta la historia del descubrimiento de los Estados Unidos (Los peces descubrieron América, después las aves... Finalmente los banqueros) seguida de una cierta ingenuidad en el final. Brodsky (nacido en Leningrado) y Vladimir Radunsky (no lo sé pero posiblemente de antepasados rusos) se unen en un libro que aunque no es de los mejores del ilustrador, tiene su atractivo. Lo más afortunado para mi, la portada.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP