Loading...
23.12.08

Amazon.es

Apuntan os rumores a que na primavera Amazon abrirá a súa tenda española na internet. Como pensan responder os libreiros á competencia que supoñen estas tendas na rede e as grandes cadeas? Os rumores tamén a puntan a que FNAC quere abrir a segunda tenda en Galicia. Todas estas iniciativas son oportunidades de estar en novas canles de comercialización, pero tamén un risco de ir perdendo máis pequenas librerías fronta ao auxe das compras por internet. Os libreiros mentres están pelexando con muíños de vento.
As editoras tamén deberán situarse adecuadamente para que os libros galegos teñan un espazo digno neses portais. A visibilidade da literatura infantil debe coidarse especialmente es espazos deste tipo porque son un trinque no que moitoas navegantes poden descubrir a nosa produción editorial.

2 comentarios:

  1. carambas, pois non sei que dicer, a min interesan-me os libros estranxeiros, se é unha forma de acceder os libros publicados en Arxentina, México pero sen pagar eses gastos de envío desorbitados que saen comprando a librerías de alí pois ben. Para comprar de aquí psss, non me interesa excepto para exemplares usados dos que xa non hai edición. Iso está moi ben, unha alterantiva a ebay canto os libros usados. Non creo que supoña unha competencia, canto máis o penso máis o creo... quizais a miña amiga cubana Yho, que vive en Italia, lle sexa por fin posibel adquirir algún dos libros que lle apetecen moito... excepto en promocións tipo gastos envío gratis e sempre que teñas o stock. Eu cando compro algún libro a amazon.com os gastos sáeneme por dous libros pouco máis de seis euros, a Francia máis ou menos... observo que hai libros que crean moita expectación e que se esgotan nun plis. Amazon é unha alterantiva para controlar o stock e asegurar o exemplar. NOn sei se aquí están tan toliños coma min e os franceses (tampouco son dos meus amores), pensaba que a Carrapuchiña de Kveta Pacovská se en Kokinos se ía esgotar nuns días, gostaría de saber como vai...
    Veremos. UN novo Fnac? en Vigo claro, é onde tería máis éxito ou en Compostela... coñezo o de Madrid no centro e outro de Barcelona ao principio das Ramplas, é un pracer ir vendo as estanterías e descubrir libros, pero xente como os de Trama en Lugo non creo que perigen, coñeze-los?

    ResponderEliminar
  2. Coñezo Trama por referencias de amigos que a visitan de vez en cando, pero nunca estiven nela. Píllame un pouco lonxe. Pero creo que dalgún xeito os libreiros independentes deberían buscar algún xeito de agruparse para defenderse da maior concentracion de vendas nas grandes cadeas.
    En canto á Carapuchiña de Packovska, dáme a impresión de que ou non saiu ou algo está a pasar coa distribución. Unha das consecuencias dos cambios dos últimos anos nos grupos editoriais son os problemas para que certo tipo de libros cheguen máis alá das cidades e das grandes cadeas. Dáme pena ver por exemplo como está a sección de literatura infantil da Casa do Libro de Vigo, se a comparo coa da FNAC da Coruña. Si, parece ser que a FNAC está pensando en abrir en Vigo. Estou de acordo contigo en que o problema de mercar libros no estranxeiro está na cantidade que pagas de portes. Se en lugar de libros novos, mercas libros descatalogados ou de segunda man, tendas como Barnes and Noble (USA) actúan como centralizadores de pequenas librerías, e iso trae como consecuencia que se mercas dous libros e os suministradores son dúas librerías distintas, pagas dous portes, co que o custe é prohibitivo. De todos os xeitos, hai un ano merquei un libro francés na librería La Central do Reina Sofía e paguei os portes desde Franza ben pagados. Desde aquela merco directamente en FNAC.fr ou en amazon Franza.
    Cousas dos nosos vicios bibliófilos.
    Boa entrada de ano

    ResponderEliminar

 
TOP