Loading...
10.11.08

Un Goncourt

Demostrando unha vez máis que a cultura non coñece de fronteiras políticas e de que as linguas acollen a todos aqueles que se queiran unir a elas, o escritor de orixe afgana, pero de cultura francesa, Atiq Rahimi acaba de gañar o premio Goncourt.
Antes de marchar a Francia este escritor viviu unha peripecia humana que se reflexou nalgún dos seus libros. As circunstacias da vida, xempre dolorosas, lévano a escribir o seu primeiro libro en farsi. Trasladado a Francia a principios dos anos oitenta, realizou estudos de comunicación audiovisual e realizou algunha película con relativo éxito que mesmo chegou a participar no Festival de Cannes. Convertido en escritor en francés recibe agora o premio literario máis importante da literatura gala.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP