Loading...
26.11.08

III PREMIO PEP SEMPERE

Hai pouco tempo vén de inaugurarse en Elxe a biblioteca infantil Pep Sempere. Merecida honra para este mestre que sempre traballou no fomento da lectura.

Agora Pizpirigaña vén de convocar un ano máis o premio que leva o seu nome e que recoñece o traballo de reflexión e acción arredor da literatura infantil e xuvenil. Especificamente diríxese a colectivos de mestres, bibliotecarios, grupos de animación á lectura, obradoiros de escritura, pais e publicacións.

A documentación deberá presentarse por escrito ou en soporte informático antes do 8 de febreiro de 2009 a:
Asociación Cultural Pizpirigaña
C/Ermita 18
Arenas de San Pedro
05400 ÁVILA

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP