Loading...
23.10.08

Premio Nacional a Agustín Fernández Paz



Acabo de ler nun foro que o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil deste ano foi para Agustín Fernández Paz pola obra titulada "O único que queda é o amor". Pois nada, parabéns para Agustín por este novo recoñecemento á súa obra, aínda que o maior recoñecemento que pode ter é o dos lectores.

Eu, que son un admirador de "Cartas de inverno", non deixo de recoñecer que o primeiro conto deste libro chega mesmo a superar as cartas, pero...

Pena que sexa Anaya quen faga pública a noticia e non Xerais, que son os seus editores. Espero que o gañador convide o xurado a un café e lle explique a algunha membro a situación real da lingua na que escribe. Xa o dicían os vellos: rápido nos esquecemos do angazo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP