Loading...
5.10.08

O que está perto

Natalia Colombo fala con Manuela Rodríguez, directora da coleción Demademora.
Un momento de la intervención de Xosé Ballesteros.
Con Cerca entre as mans.

Despois da cerimonia da entrega do Premio Compostela, puidemos coñecer o contido do libro gañador. Cerca é un libro que fala da soedade, a incomunicación e do descoñecemento. Facendo honra ao concepto do album ilustrado, a imaxe transmite con forza a soedade dos protagonistas. Figuras que camiñan dándose as costas; ollos que se pechan como expresión da cegueira do que non quere ver; formas cadradas que encerran e aillan os dous protagonistas, que representan as múltiples situacións que viven cunha gran economía de espazo.
O libro presentouse hoxe na librería Libros para soñar de Vigo, onde contou coa presenza de Manuela Rodríguez, traductora do texto ao galego e directora da coleción Demademora, de Xosé Ballesteros e algúns usuarios da librería que tiveron unha participación activa no acto a través da lectura de textos e poemas de María Elena Walsh, Ricardo Mariño, entre outros.


LO QUE ESTÁ CERCA
Despues de la ceremonia de entrega del Premio Compostela, hemos podido conocer el contenido del libro ganador. CERCA es un libro que habla de la soledad, la incomunicación y el desconocimiento. Haciendo honor al concepto del álbum ilustrado, la imagen transmite con fuerza la soledad de los protagonistas, un pato y un conejo. Figuras que caminan dándose la espalda; ojos que se cierran como expresión la terrible ceguera de los que no quieren ver; formas cuadradas que encierran y aislan a los dos protagonistas, que representan las múltiples situaciones que viven con una gran economía de espacio.
Natalia Colombo con una persona del público que leyó un relato de Ricardo Mariño como homenaje personal.

El libro se ha presentado en la librería viguesa Libros para soñar y ha contado con la participación de la autora, de Manuela Rodríguez, directora de la colección, de Xosé Ballesteros y del público que ha leído textos de Ricardo Mariño y María Elena Walsh entre otros.

1 comentarios:

  1. estaba pensando precisamente en ti cando vin novo post no bloglines, teño que comentar-che una nova estupenda que quizais coñezas, eu por seacaso xa a encarguei na Trama http://www.editorialkokinos.com/cuentos/caperucita.html .

    Teño moitas ganas de ver Cerca, da que xa algo se vislumbra se un vai ao seu portfolio online, ten unhas pintas bárbaras.
    Outra cousiña, antonte conseguín un pequeno catálogo de OQO, na que aparecen libros que se publicarán incluso en novembro e febreiro, hai un de Gabriel Pacheco e Anna Castagnoli... Teño curiosidade polo que fará Kalandraka, reeditarán dunha vez o libro Onde viven os monstros?

    ResponderEliminar

 
TOP