Loading...
19.10.08

II Encontros de bibliotecas escolares

Acaban de celebrarse en Compostela os Encontros de Bibliotecas Escolares cunha importante participación de profesores. Sobre o tema, resulta escandaloso comprobar que a súa existencia dependa tanto da disposición do equipo directivo dos colexios e institutos para dotar ás persoas encargadas de tempo, que non haxa aínda un presuposto estipulado, que non se estableza a figura do "bibliotequeiro" desde a propia administración e que todo quede a expensas, como moitas outras veces, da disposición e interese do profesorado en asumir ese posto. Tamén precisaría terse en consideración a relación coas bibliotecas públicas.
E a educación literaria do alumnado? Son cuestións fundamentais que os participantes plantexaron dalgún xeito nas súas ponencias.
Cando na escola non se cumpre esta función, moitos nenos perden a súa oportunidade de mergullarse nos libros, porque é o único lugar onde terán a oportunidade de facelo, fóra de aí a literatura non existe.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP