Loading...
31.10.08

And the winner is...

Beatriz Osés levou o I Premio Ciudad de Orihuela de poesía para nenos. Esta xornalista que exerce como profesora de Lingua e literatura castelá, xa recibiu o Premio Lazarillo no ano 2007 polo seu libro Cuentos como pulgas (Neste enlace co blog de Antón Castro podedes ler tres destes microrrelatos). Ademais a Junta de Extremadura concedéralle outro premio á innovación educativa por un libro titulado Cuentos medievales.
A este premio presentáronse 151 obras e, polo que se comenta, había catro obras que podían aspirar a estar entre os premiados, catro traballos dunha excelente cualidade. Esperemos que finalmente poidamos coñecelas aínda que agardemos moi especialmente pola gañadora.
Con isto de escribir sen pararse, xa me esquecía de dicir que o título da obra gañadora é El secreto del oso hormiguero. Faktoría K de libros fará unha tirada de 3000 exemplares en castelán que serán distribuídos en España e América.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP