Loading...
23.9.08

Novidades de outono


Entre as novidades que por diferentes medios veñen anunciando as editoriais inglesas máis importantes, hainas para todos os gustos. Endogámicas, que non fan máis que mirar o seu propio embigo e son incapaces de se abrir aos títulos novedosos que veñen de fóra. Outras seguen cos valores seguros, caso de Peter Hammer Verlag que publica unha vez máis o calendario de Wolf Erbruch, que como se vén aireando por aí, publicará un ano máis Bárbara Fiore.

Os ingleses, tan propios eles, tiran de autores coñecidos como Alan Ahlberg que acaba de publicar The Baby in the hat.



Walker Books publica un libro interesante para lectores a partir dos 3 anos no que din as cousas que os pequenos poden facer para salvar o planeta. Desde apagar a luz cando saen do cuarto ata ir á escola camiñando ou alimentar os paxaros no inverno. A autora do libro é a ilustradora Melanie Walsh, que segundo as notas que aparecen sobre ela, é admiradora do traballo de Paul Rand, Richard Scarry ou Gomi Taro. Un libro interesante para os máis novos.



Antonio é un libro no que a min o que me atrae é a ilustración de Carl Cneut. Antonio redunda na idea de Tristán encoge e narra as aventuras dun neno que encolle mentres visita a súa avoa. Pero o que me sorprende é que se presente como unha novidade posto que este libro foi publicado hai varios anos.




Anuncian tamén a saída nos EE.UU. do novo libro de Neil Gaiman titulado "The graveyard book", que vén a significar algo así como o libro da tumba. Unha historia de misterio e fantasmas.






Penguin comunica a publicación do último pop-up de Robert Sabuda, Brava Strega Nona, que está basado nun texto de Tomie de Paola (Oliver Button es un nena). Na ilustración, ademais de con Sabuda, contan co traballo de Mathew Reinhart.






Para lectores un pouco máis expertos, anuncia Candlewick unha versión da hsitoria de Desperaux, de Kate Dicamillo, que leva o título de "Mouse and the princess". Espero non equivocarme porque aínda que o subtítulo se corresponde co titulo publicado en España con pouca difusión, o principal é o que vos indico máis arriba.

2 comentarios:

  1. hai algún de interese, pero a verdade é que teño que botar-lle unha ollada aos de aquí, o de kveta pacovská xa o teño, falta por vir un de Barbara Fiore, non me achego á libraría, despois deste mes tan duro (libros, roupa, seguros...) mellor deixar as necesidades menos vitais para outro mes e fuxir de tentacións

    ResponderEliminar
  2. Pois a min o de Desperaux gustaríame botarlle a man. DiCamillo paréceme unha autora interesante.

    ResponderEliminar

 
TOP