Loading...
13.9.08

Cancións para os croques

Ás veces conseguir as cousas custa tanto traballo que acaba desexándoas con máis intensidade. Un procúraas por todas as partes, mesmo onde os que as editan ou distribúen deberían estalas promocionando. Un perde todas as esperanzas de facerse con elas e pregunta a amigos e coñecidos se teñen o que buscas para facer unha copia, pero ninguén a ten. Como moito, algún lembra tela visto no catálogo de Biblos, pero non a ten nin sabe de quen a teña. Pasan os anos e un xa case se esquece do obxecto en cuestión, pero de repente entra nunha librería, Pontillón en Moaña, e lanza unha preguntiña: - Non terás algún exemplar de Música para croques? - Cancións para croques. -Responde o libreiro- Vou chamar ao representante que a levaba para ver se lle queda algo. Entón óbrase o milagre e efectivamente, quédalle algún exemplar. Tiña lido cousas sobre este disco de música infrecuente para nenos, todas elas boas. As cancións basadas en poemas de Manuel María, Antonio García Teijeiro e Xosé Neira Vilas teñen un importane componente narrativo, enumerativo e sonoro. Cancións pensadas para os máis pequenos. A base musical é responsabilidade de Antón Seoane, componente do nos anos setenta do Movemento Popular da Canción Galega e componente de Milladoiro. A voz de Pilcoha soa marabillosa, a min especialmente en O tuturutú. Hai outros colaboradores necesarios, El Maestro Reverendo, Harry C, Roi Casal (Os máis novos de Milladoiro), Lara, Laura Amado, Carlos Blanco... Agora accedo á páxina de Discmedi e aparece disponible.


Outra iniciativa interesante é a de Pelo Gato 24. Esta idea da Asociación de Gaiteiros Galegos pero responsabilidade de Magoia Bodega e Paulo Nogueira, está basado na idea de recuperar tradición, aínda que fagan creación ao engadir estrofas novas ás que todos coñecemos. A min resúltame emocionante escoitar a voz cálida da Sra. Carme cantando a miña canción infantil por excelencia:

- Ghavota, ghavota
Que levas no bocho?
- Sardiñas asadas
- Quen chas asou?
- María Cou Cou,
pasou polo río
e non se mollou

Arau, arau
cabesa de pau
Tisón
, tisón
para Salgheirón.

Neste disco partici
pan importantes grupos como ´Fuxan os Ventos, Leilía, Migallas, ademais da xa citada Sra. Carme de Malvela. O libro-disco tamén trae un DVD onde explican algúns xogos tradicionais.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP