Loading...
14.8.08

Retranca en Viñetas desde o Atlántico


Onte asistín á presentación de Retranca, unha revista de humor galego e en galego, en Viñetas desde o Atlántico. O acto foi presentado por Carlos Portela e contou coa participación de Kiko Dasilva como alma mater, deste proxecto. Este rapaz apura a vida ata o extremo, sen chegar aos trinta anos xa amosa un currículo máis propio de veteranos que dun tipo tan novo.
Centrou a súa intervención na experiencia deste tempo aínda breve, pero fructífero como editor, os problemas de loxística, a loita cos impresores para conservar os prezos, a loita cos autores para que cumpran os prazos, as repercusións nos medios nos que traballan, a autocensura... E sobre todo como evitar as subvencións para librarse das presións do poder. Postura intelixente porque xa se sabe que despois un acaba converténdose nunha editora do poder e canto máis ceibe (non neutral) sexa un, mellor.
Entre as novidades que anunciou Kiko destacaría que van publicar periodicamente recopilacións do humor gráfico galego que se poderán mercar coa revista a un prezo irrisorio, e que a saída vai ser sempre a primeiros de mes. Ollo, agora vanse de vacacións.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP