Loading...
18.8.08

Outono quente

Andan as webs editoriais que pelan anunciando as novidades do comezo de curso.
Aínda que non sexa no terreo estrictamente infantil, Galaxia anuncia a aparición da última novela de Haruki Murakami, Tras do solpor; Xerais a tradución de Mil cretinos de Quim Monzó; e Faktoría K de Libros prepara a saída do segundo tomo da triloxía de Philip Pullman, A materia escura. Moitas novidades. Pero acaban de dicirme que o grupo San José está preparando seriamente a saída do tan anunciado xornal. Mesmo me din que xa están a facer entrevistas para selecionar o plantel de xornalistas. Que tratamento vai ter a literatura neste novo proxecto? Agardo que sexa un tratamento diferente do que fan a meirande parte dos xornais de Galicia. Eu soamente salvaría o Protexta e con menos decisión, o suplemento de La voz de Galicia.


Olivia P coméntame que a páxina de Bárbara Fiore anuncia para o outono varios libros de Jimmy Liao Tamén comunican a aparición do novo libro de Sahun Tan titulado Cuentos de la periferia, que oxalá sexa tan bo como Emigrantes.



Nos Estados Unidos Shell Siverstein publicou un novo título de poemas para nenos centrado nos animais. A súa publicación require unha boa adaptación, que non sempre é posible facer dadas algunhas peculiaridades idomáticas do inglés que posibilitan algúns xogos que non sempre son trasladables a outras linguas.



O verán adoita ser un tempo de poucas novidades, pero este ano o final da primavera e os últimos días de xullo tiveron novidades interesantes.

Xerais publicou polo mes de maio O pequeno señor Paul é un libro editado en Alemaña no ano 2006. Adoptou o formato da colección xuvenil de Anaya, algo que fan cada vez con maior frecuencia, o que non está nada mal. Aproveitei a feira do libro para facerme con el porque unha lectura dalgunhas páxinas ao chou causáronme unha boa impresión. Nese estilo tan alemán de contos breves e incisivos onde os libros teñen un gran protagonismo.



Os mummin volveron da man de Siruela, cun formato dignamente merecido. Como seguramente saberedes as edicións que había ata o de agora eran aquelas en papel marrón de Noguer que transmitían unha insoportable sensación de vellas.



Na banda deseñada, unha tenra historia acaba de saír en Faktoría K de libros, titúlase O boneco. Aínda que non ten texto, a historia ten certa complexidade polo que é máis recomendable para aqueles lectores con certa experiencia na lectura de imaxes.


Pero o máis interesante desta editorial é, desde o meu punto de vista, é a publicación do libro de Kveta Pakovska Hasta el infinito, un pracer para a vista.



NOVEDADES DE INICIO DE CURSO

Olivia P me hace ver que la página web de Bárbara Fiore anuncia para el otoño una serie de novedades entre las que se encuentran dos nuevos libros de Jimmy Liao y el nuevo de Shaun Tan titulado Cuentos de la periferia, del que sólo espero que sea tan bueno como Emigrantes.



Veo que Shell Silverstein acaba de publicar el los Estados Unidos un nuevo título. Por lo que veo, su publicación en caualquier lengua requerirá una buena adaptación, algo que no siempre resulta fácil dadas algunas peculiaridades idiomáticas que facilitan ciertos juegos con las palabras, no siempre trasladables a otros idiomas; cuando menos con la misma naturalidad y humor.



El verano suele ser un tiempo de pocas novedades, pero el fin de la primavera y los últimos días de julio nos han traído algunas cosas interesantes.


Anaya publicó en mayo El pequeño señor Paul, un libro alemán del año 2006. Después de leer algunas páginas al azar he decidido comprarlo porque me parecía interesante. Se trata de un formato muy alemán, con historias breves e incisivas en las que el libro y la lectura tienen una gran importancia





Los mummin han vuelto en una edición de Siruela que hace honor a la importancia de este libro y que nos hace olvidar aquella vieja edición de Noguer que todavía nos parecía más anticuada al abrirla




Faktoría K de libros ha publicado uncómic titulado El muñeco, una tierna historia sin palabras, pensada para ser leída por lectores con cierta experiencia en la lectura de imágenes. P


Pero lo más interesante de esta editorial en mi opinión es la publicación del libro de Kveta Pakovska Hasta el infinito, un placer para la vista.



1 comentarios:

  1. ala, vou chamar aos de Trama para que mo reserven, é caro abondo pero haberá que facer un esforzo, como mos gardan dun mes para outro poderei comprar tamén algún de Barbara Fiore. Non quero pensar que editarán os de Thule, Kalandraka, Kokinos, ou algunha editorial de cómics, pouco a pouco. Merquei por fin un marabilloso libro de Thule La ciudad agujereada http://www.thuleediciones.com/catalogo/detalle/8/ custoume porque xa o levaba lido da librería, pero o verán é case orfos en libros e este é dos que recordas ao chegar a casa. Outra compra de xuño foi Os melops de Tomi Ungerer. Falando deste autor vin o seu marabilloso video en inglés http://giralunamariola.blogspot.com/2008/08/una-de-bandidos.html gracias a Giraluna, bcs

    ResponderEliminar

 
TOP