Loading...
17.7.08

Libros para soñar México


A editorial Kalandraka anunciou hai pouco o inicio da súa andaina editora por México. Estes pasos cara á internacionalización son unha oportunidade para dar a coñecer os autores de aquí na outra banda do mar, pero tamén para poder coñecer autores iberoamericanos. A linguaxe adaptarase ás formas do castelán empregado alí e deste xeito facilitar o achegamento do público americano ás obras que se produzan aquí.
Os primeiros libros que se van publicar por Libros para soñar en México son Chibos chibóns de Olalla González e ilustrado por Federico Fernández; O poliño da abeleira, de Antonio Rubio e ilustracións de Gabriel Pacheco; A viaxe do bisavó de Marta Farias, ilustrado por Aitana Carrasco, e Orellas de bolboreta de Luisa Aguilar con ilustracións de André Neves.
A nova editorial está participada por Kalandraka (Galicia), Calis Libros (Brasil), Faktoría K de libros (Galicia) e Obranegra (México).



NACE LIBROS PARA SOÑAR MÉJICO


La editorial Kalandraka acaba de anunciar en su blog el inicio de su aventura mejicana. Son un paso más en la internacionalización desta editorial, iniciada con su establecimiento en Italia la pasada primavera. En esta aventura está acompañada por Faktoría K de libros, la brasileira Calis Libros y la mejicana Obranegra, especializada en poesía.
Una excelente oportunidad para dar a conocer en Méjico a los autores que publica esta editorial, y promover la posibilidad de que autores mejicanos sean publicados en España y Brasil.
Los primeros títulos serán Chibos chibones, de Olalla González y Federico Fernández; El pollito de la avellaneda, de Antonio Rubio y Gabriel Pacheco; El viaje del bisabuelo, de MArta Farias y Aitana Carrasco; y Orejas de mariposa, de Luisa Aguilar y André Neves.

2 comentarios:

  1. iso é unha boa nova! por certo ante este aparente paréntese do verán xa temblo pensando na cantidade de novidades que virán ás librerías. Está claro que non podo comprar todas, onte na Trama vin un libro moi interesante "caca" da editorial Lynx http://darabuc.wordpress.com/2008/06/12/caca-una-historia-natural-de-lo-innombrable-de-lynx/ , case o compro pero esperarei que os nenos crezan algo para valorá-lo, está moi ben. As miñas últimas fantásticas compras aparte do Rainbow Warrior de Kalandraka é a historia de amor entre un peto e un esquío ilustrada por Odriozola http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=1370&titulo= e un libro maravilloso en francés http://dansle-sac-d-olga.over-blog.com/article-20992389.html , a ver se a próxima semana falarei del, trátase deste libro aquí http://valesulfilo.wordpress.com/2008/03/05/raymond-reve-by-anne-crausaz/ outro da mesma autora

    ResponderEliminar
  2. O da caca éun libro curioso. Baixo a apariencia dunha broma, explícanse conceptos científicos ao nivel dos rapaces. A única pega que lle poría é a ilustración, tan gris, tan aparentemente desordenada.
    Os libros de MeMo son unha gozada, un auténtico deleite para a vista.

    ResponderEliminar

 
TOP