Loading...
24.7.08

Libros para aprender

Os paseos polas feiras do libro déronme a oportunidade de ollar algúns libros nos que me costa máis centrar a atención porque hai tanta cantidade de cousas que un non atopa recompensa visual algunha en ollar para eses andeis. Pero descubriume un libreiro a existencia deste curioso libro titulado Buzz. Un libro amplo, porque se extende en coñecementos moi variados sobre o grupo de animais dos que se ocupa; terreos tan diversos e tan ignorados nalgún caso como a bioloxía, a historia natural ou a gastronomía. Atractivo, porque a imaxe e a maquetación están coidadas, con fotografías dunha cualidade aprezable. E curioso porque trata dun grupo de animais que en occidente son seres molestos pero insignificantes. Falo dos insectos, das arañas ou dos cempés e outros seres semellantes. Un libro onde podes aprender unha gran cantidade de cousas sobre estes descoñecidos.
Os despregables son máis comúns, pero hai unha serie publicada por SM que acompaña este atractivo coa posibilidade de escoitar os sons dos seus protagonistas; sons do océnao ou sons da noite.




LIBROS PARA APRENDER

lOs paseos por las ferias del libro me han dado la oportunidad de ver algunos libros en los que a uno le cuesta centrar la atención en los estantes de las librerías. Hay tal cantidad de novedades de este tipo que a fuerza de no encontrar recompensa visual, no detiene la mirada. Pero un librero me ha descubierto la existencia de un libro titulado Buzz. Un libro amplio, porque se extiende en conocimientos muy variados sobre el grupo de animales de los que se ocupa; terrenos tan diversos y, algunas veces tan ignorados, como la biología, la historia natural o la gastronomía. Atractivo, porque la imagen y la maquetación están cuidadas, con fotografías de una calidad apreciable. Y curioso porque trata de un grupo de animales que en occidente son molestos pero insignificantes. Me refiero a los insectos, las arañas, los ciempiés y otros seres semjantes.Un libro donde puedes aprender una gran cantidad de cosas sobre estos desconocidos.
Los desplegables, ahora llamados pop-ups, son más comunes, pero hay una serie publicada por SM que acompaña este atractivo con la posibilidad de escuchar los sonidos de sus protagonistas:; sonidos de los océanos o sonidos de la noche.


1 comentarios:

  1. son unha pasada, o dea Buzz estiven a piques de comprarllo ao neno para o cumpre, pero rompera todo. Claro de tanto mira-lo rompeu, despois de comentar-llo cando volvín pegara-no. O do océano estiven-o mirando a principio de mes, a miña cativa cumpriu onte catro anos, pero parecia-me que non o ía valorar polo momento, ten os sons marabillosos das baleas entre outros animaia marinos. Non coñezo o do bosque. Feliz día por mañá!

    ResponderEliminar

 
TOP