Loading...
10.7.08

Benvidos a Obaba

Durante un tempo deixer lector para ser atxaguista. Lin canto seu caía na miña man, metinme de cheo no universo de Obaba a través de Cando a serpe olla o paxaro e fascinoume a relación entre o avó e o neto que desembarcaba nun mundo descoñecido para el e nunha casa estraña; deixeime caer por Los Burros en la carretera, unha parte del transcorría en Vigo no antigo Hotel Universal, mesmo cheguei a interesarme nuns Encontros sobre a lectura nos que coincidín co autor pola xénese deste libro; linlles aos rapaces cos que compartía parte do meu tempo Dúas letters, houbo que explicarlles algunhas claves, pero aprenderon como se pode aproximar desde o humor aos temas serios; disfrutei coas memorias da vaca que non paraba de lanzar sentencias e refráns cheos dunha sabedoría herdeira da que Cervantes deixou caer no Quijote (Confeso que aos oito anos, odieino porque o meu libro de lecturas tiña algúns epiosdios que debiamos ler e reler; aínda hoxe é o día non lin ao completo, pero que disfrutei a parte que coñecín sendo adulto e teño un compromiso comigo mesmo de volver a el).
Por iso son feliz de ver como se publica en galego o que eu considero o seu mellor libro.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP