Loading...
11.6.08

Parabéns para a toupiña

A toupiña que quería saber quen fixera aquilo enriba da súa cabeza, esa pequena xoia coa que tanto me teño divertido, e que disfrutei escoitándoa da boca de Xosé Ballesteros, está de noraboa. Segundo se informa na web de Peter Hammer Verlag, os seus editores orixinarios, leva 1.000.000 de exemplares vendidos. (Dada a miña ignorancia do alemán, non sei dicir se son soamente en alemán ou nas vinte linguas nas que está publicado).
En calquera caso, unha cifra que envexarán moitos autores e aínda máis editores.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP