Loading...
17.6.08

Para quen se escribe?


Hai algúns anos estiven interesado polas teses de Neill Postman ata tal punto, que como non atopaba o seu libro A desaparición da infancia en castelán, por suposto que a aquela altura tampouco en galego, cheguei a mercalo en catalán. E por que me me interesaba tanto este libro? Pois sinxelamente porque mantiña unha idea coa que eu concordaba en parte, as fronteiras entre a infancia, a adolescencia e a idade adulta estaban perdendo os seus rasgos definitorios a nivel externo. O curioso é que teño esa mesma sensación con algúns dos libros que se publican para nenos. Non sei en quen están pensando os autores cando os escriben, se neles mesmos ou nos seus destinatarios; tampouco sei se os lectores novos perciben na forma de achegarlles algúns temas que lles falan da vida, que son cousas que pasan arredor súa. Tamén teño ás veces a impresión de que se escribe para ser lido sen moito esforzo e para que a lectura non supoña unha "perda de tempo" excesiva. Tempus fugit. Paradoxicamente esta simplificación textual vai acompañada dunha maior complexidade na linguaxe gráfica. Acabo de ler Desencuentros de Jimmy Liao e asaltoume esa impresión. Boto por diante que a min o libro graficamente paréceme moi interesante, pero non sei en que capítulo encadralo, se como un cómic atípico ou un álbum idem. O certo é que desde hai cinco ou seis anos van aparecendo con máis frecuencia libros difíciles de encadrar, que se quere crer que son infantiles polo feito de que os publica unha editorial maiormente de libro infantil. Xa sei que os libros infantís son os que os lectores desa idade adoptan como propios, pero cal era a intencionalidade do autor? En quen pensou realmente? Pasoume o mesmo cando se publicou Máquinas, Premio Nacional do ministerio de cultura ao libro mellor editado. Comparto aquí as miñas dúbidas sobre o que son algúns libros sen cuestionar a súa cualidade.


¿PARA QUIÉN SE ESCRIBE?

Hace algunos años estuve interesado en las tesis de Neill Postman hasta el punto de que como no encontraba su llibro "La desaparición de la infancia" en castellano, y menos todavía en gallego, lo compré en catalán. ¿Por qué me interesaba tanto ese libro? Pues sencillamente porque mantenía una tesis con la que yo estaba parcialmente de acuerdo, que la frontera entre la infancia y las otras eras de la vida estaban desapareciendo estaban perdiendo sus rasgos definitorios a nivel externo. Lo curioso es que tengo la misma sensación con algunos de los libros infantiles que se publican. No sé en quién piensan sus autores cuando los escriben, si en ellos mismos o en sus destinatarios. Tampoco sé si los pequeños lectores perciben en la forma de acercarles algunos temas que les están hablando de la vida misma, que son cosas que suceden alrededor de ellos. A veces también tengo la sensación de que se escribe para ser leído por adultos o jóvenes lectores perezosos, para ser leidos sin demasiado esfuerzo y para que la lectura no suponga una excesiva "pérdida de tiempo". Temous fugit. Paradójicamente esta simplificación textual va acompañada de una mayor complejidad gráfica. Acabo de leer "Desencuentros", de Jimmy Liao y me ha asaltado esa impresión. Conste que es un libro graficamente interesante, pero no sé en que género encuadrarlo, si como un cómic atípico o como un álbum idem.
Lo mismo me sucedió en el pasado con este libro que recibió un Premio Nacional del ministerio de cultura al Libro mejor editado. Lo cierto es que desde hace cinco o seis años aparecen con maior frecuencia libros difíciles de catalogar, que se quiere creer que son infantiles por el hecho de que los publica una editorial especializada en libros para niños. Ya sé que son libros infantiles todos aquellos que los lectores adoptan como tales. ¿Pero cuál ha sico la intención del autor? ¿En quién pensaba realmente cuando lo escribió? ALgo semejante me sucedión cuando se publicó Máquinas, Premio Nacional del ministerio de cultura al libro mejor editado.Comparto mis dudas sobre qué son ciertos libros sin que con ello ponga en solfa su calidad.

2 comentarios:

  1. Ando con moito traballo a aínda que leo o teu blgo non daba collido tempo para escreber algo. Este post merece máis dun comentario. A min sempre me gustou o cómic (non precisamente o universo Marvel pero vale se engancha aos rapaces), pero noto un interese maior, e as fronteiras nolgúns libros xa non existen, hai libros que valen para os vellos e os nenos, no meu caso é cousa de admirar o talento "pictórico" da xente e certa inquietudes miñas... pero ese non é o tema... mágoa que non haxa opinions. Un saúdo desde este inusual día de xullo, sempre houbo días así grises na miña cidade neste mes, incluso lembro algo de ventiño, pero isto xa duro demasiado.

    ResponderEliminar
  2. Como dicía na miña entrada, unicamente pretendo expresar as miñas dúbidas. Escoitar e pensar sobre o que din os demais axuda a crear unha opinión con fundamento.
    Nos confíns onde a terra se confunde co mar, tamén estamos en días grises.
    Un saúdo

    ResponderEliminar

 
TOP