Loading...
14.6.08

Listas

Non sei por que, entroume a manía de facer listas e sempre me entra mentras escoito algunha conferencia, un programa de libros ou actos de alto calado. A última deume hai unhas semanas. Cales serían os dez álbumes ilustrados máis importantes da historia? Cales serían os vinte álbumes máis importantes dos últimos vinte anos? (Non me atrevo dicir dez porque non me vexo capaz de repasar todo canto se publicou nese tempo, e seguramente non coñezo máis que unha pequena parte falando en términos cuantitativos). Pero a ultimísima desas manías é a de facer unha lista dos libros coas portadas máis interesantes. No álbum ilustrado un atopa moitos libros con fermosas tapas, pero que sucede na novela, no ensaio? Posiblemente sexan cousas que a un se lle meten na cabeza cando empeza a albiscar os tempos relaxantes do verán.
Aí vai a primeira.
"Las bibliotecas perdidas". Editorial Renacimiento, Sevilla


LISTAS

No sé por qué me ha entrado la manía de confeccionar listas, y siempre me entra mientras ecucho alguna conferencia, un programa de libros o actos de alto calado. La última vez ha sido hace unas semans. ¿Cuáles serán los diez álbumes ilustrados más importantes de la historia? ¿Cuáles serán los veinte más interesantes de los últimos veinte años? (No me atrevo a limitar el número a diez porque no me veo capaz de repasar todo lo que se ha publicado en ese tiempo, y tampoco conozco más que una parte muy pequeña en términos cuantitativos). Pero la ultimísima de esas manías es la de hacer una lista con las portadas más interesantes. En el álbum ilustrado uno puede encontrar muchos libros con hermosas cubiertas, ¿pero qué cucede con la novela o el ensayo? Posiblemente estas manías se le meten a uno en la cabeza ante la proximidad del relax veraniego.

Ahí va la primera: "Las bibliotecas perdidas". Editorial Renacimiento, Sevilla


2 comentarios:

  1. ¿serán libros de verdade ou un truco dixital? que pasada

    ResponderEliminar
  2. Penso que é unha pintura, pero sospeito que está basado no feito de que este editor mercou hai algúns anos todo un almacén de libros en Nova York, milleiros deles, entre os que había algunha edición dalgún poeta español rara ou descoñecida.

    ResponderEliminar

 
TOP