Loading...
26.6.08

Lecturas de verán I



Un álbum para contarlles aos máis pequenos, un Altea reeditado nun formato que lle fai gañar moito, un libro magnífico de Rosemary Wells de lectura obrigada para non perderse un clásico contemporáneo.



A portada di que este é o único conto infantil de William Faulkner, pero é unha magnífica lectura para lectores a partir dos nove anos e do que tamén poden disfrutar os adultos





Reproduzo a portada da edición inglesa porque sigo cos meus problemas de escáner, que xa se están facendo crónicos. Faktoría K de libros acaba de publicar este libro baixo o título de Simios e é unha magnífica introdución ao coñecemento destes animais mediante o descubrimento de catro especies: orangutáns, chimpancés, bonobos e gorilas.



Tamén para adultos


Unha historia de mulleres entre segredos familiares, a soedade, o desexo de vivir e o de morrer.




Xa que falamos antes de Faulkner, por que non recomendar esta versión recén saída dun clásico do século XX? Ou a Lolita que está a punto de publicarse, un libro do que moita xente fala e que poucos leron.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP