Loading...
31.5.08

Útil, pero literatura

A literatura ten personaxes de todo tipo, que no fondo non son máis que proxeccións da relación dos propios autores co mundo. Lembro a delicadeza e a humanidade con que Castelao trataba os personaxes d'Os dous de sempre, a crueldade de Dahl con Matilda ou a inxenuidade con que Boyne retrata ao pequeno alemán que vive ignorante do que sucede arredor súa en O neno do pixama de raias.
Non me gusta, e os que me coñecen ben o saben, a literatura para, esa especie de corrente que entende os libros como cousas útiles e non como literatura. Pero sempre hai algunha excepción, un libro que podería ser reseñado como un título moi interesante para traballar tal ou cal valor pero que ten valor á marxe desa lectura. Acabo de ler varios libros que teñen un tema común, a autoestima. Algúns destes libros son deses que poñerían nunha lista de "libros para estimular a autoestima", pero Orellas de bolboreta vai máis alá diso. Estímoo como un libro a non perder.




ÚTIL PERO LITERATURA

La literatura tiene todo tipo de personajes, que en el fondo no son más que proyecciones de la relación de los propios autores con el mundo. Recuerdo la delicadeza con que Castelao trata a sus protagonistas en Os dous de sempre, la crueldad exagerada de Dahl con MAtilda o la ingenuidad con que Boyne retrata al pequeño alemán que vive en la ignorancia de lo que sucede a su alrededor en El niño con el pijama de rayas.
No me gusta la literatura para, esa especie de corriente de pensamiento que establece una valoración de los libros en función fundamentalmente de los contenidos evangelizadores, como cosas útiles y no como literatura. Acabo de leer varios de esos libros y despues de leer Orejas de mariposa, creo que es otra clase de libro y lo valoro como un libro a no perder.

1 comentarios:

  1. Sempre pensei iso, por iso sorprendiame tanto coas obras que me mandaban ler cando estudaba... lembro o moito que me sorprendeu atopar "Cen anos de soidade", nada de postguerra melancólica nin de eternos e tristes aspirantes a atopar un traballo do estado que tan mal o tiñan, que tristura por calquera lado. Digo iso a pesar do moito que algunhas historias impactaran en mi. Dixen, vaia novelón tan chulo para ler e enriba con exame sobre ela.
    O outro día lin-lle ao neno un conto de "Así comezou todo" de JÜrg Schubiger, premio Andersen 2008, e o neno pasaba-o pipa "...Maxia- bradaba-, maxia que contaxia. Todo quedaba en silencio ao seu redor..." :) MAxia Maxia ...

    ResponderEliminar

 
TOP