Loading...
14.5.08

Radunsky













Investigando sobre os libros das vangardas dos primeiros anos posteriores á Revolución Soviética, atopei un ilustrador que me pareceu moi interesante. Nun primeiro momento non me decatei de que o coñecía. Xa non lembraba un marabilloso libro publicado en España hai varios anos por Destino. Titulábase "El perrito creció". Co escáner fóra de xogo, non podo máis que poñer a imaxe da edición en inglés.

Imaxinaba que o ilustrador deste libro sería un coetáneo do meu admirado Marshak, pero estaba totalmente equivocado. É un autor contemporáneo. Nacido e formado na U.R.S.S. , marchou a América onde desenvolveu toda a súa carreira como ilustrador. Moitos, non me atrevo a dicir que todos porque sería atrevido aseguralo, dos libros de Marshak publicados nos Estados Unidos foron ilustrados por el. Algúns álbumes non só están ilustrados por el, senón que tamén é o autor do texto. Non coñezo todos, aínda, pero si que podo falar de I Love You Dude, El gran bazar (Kókinos), El perrito creció ou Triangle Square Round Skinny, e paréceme un dos grandes ilustradores actuais. Sempre será o segundo gran ilustrador de Marshak, despois de Lebedev, un respecto para os anos.














RADUNSKY















Investigando sobre los libros de las vangardias de los tiempos inmediatamente posteriores a la Revolución Rusa, me encontré con un ilustrador que me parece muy interesante. En un primer momento no me di cuenta de que ya le conocía. No recordaba un maravilloso libro publicado en España por Destino. Se titulaba El perrito creció. Por problemas de escáner, reproduzco la portada de la edición en inglés para que lo recordéis.

Imaginaba que el ilustrador de ese libro sería un coetáneo de mi admirado Marshak, pero estaba totalemente equivocado. Es un autor contemporáneo nacido en la U.R.S.S. , que se trasladó hace casi treinta años a los Estados Unidos, más concretamente a Nueva York, donde ha desarrollado casi toda su carrera artística. No me atrevo a decir que todos, pero sí que muchos de los libros de Marshak publicados en EE. UU. han sido ilustrados por él. Obviamente, todavía no los conozco todos, pero si he leído I Love You Dude, El gran bazar (Kókinos), El perrito creció o Triangle Square Round Skinny, y puedo decir que es uno de los grandes ilustradores actuales. Pero para mi siempre será el segundo ilustrador de Marshak, siempre reservaré el puesto de privilegio para Lebedev


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP