Loading...
15.5.08

O señor M e a mazá

A gran viaxe do señor M é unha historia case surrealista que acaba de publicar Kalandraka. Non sei se estes autores canadianos teñen outros libros publicados en España. Para os que queiran meter os ollos no traballo do ilustrador Luc Melanson, velaí vai a ligazón .Coincide no tempo coa reedición d'As aventuras da Mazá Vermella, un libro que non se reeditaba desde a época da desaparecida editorial Miñón, posteriormente Susaeta. Pode ser esta unha boa desculpa para descubrirmos a súa obra como autor de banda deseñada.



El señor M y la manzana



El gran viaje del señor M es una historia casi surrealista que acaba de publicar en Kalandraka. No sé si estos autores canadienses tienen otros libros publicados en España, pero este libro merece la pena. Los que queráis conocer mejor la ilustración de Luc Melanson no tenéis más que pulsar en el enlace.

Coincide en el tiempo con la publicación de Las aventuras de la manzana roja, un libro que no se reeditaba desde la época de la desaparecida editorial Miñón, posteriormente Susaeta. Puede ser una disculpa para que descubramos sus comics.

5 comentarios:

  1. a portada é do máis prometedora, por certo viches por ahí o libro "juan Oveja..." de Lóguez? O meu presuposto este mes en libros esgotouse, despois dos marabillosos e caros de Barbara Fiore e algún de El zorro rojo, vexo esta marabillas (como será por dentro?) e é preciso ter un pouco de sentidiño, ;), o marío di que me vestirei con libros, certo

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que non. Na librería na que merco habitualmente chegan con contagotas e están medio "ocultos". Así que a única visión que teño é vía web de Lóguez.
    Os últimos de El zorro rojo son estupendos. Santiago paréceme unha excelente edición.

    ResponderEliminar
  3. Manda narices, acabo de ler nas noticias de kalandraka que publican o Discurso do oso en galego!!! pois fastidiame enterar-me tan tarde, ti sabes que a semanan pasada fixen un post falando deste libro de "el zorro rojo". Pois se controlas a algún de Kalandraka tíralle das orellas por non te-lo anunciado antes, quizais non dependía de eles, pero da-ma rabia, agora que fago? cada libro bo en galego é unha xoia e con este ilustrador aínd máis, ca... pois o de galego para un dos meus fillos e en castelán para o outro, mmm, non sei é moito gastar ás veces ao tolo

    ResponderEliminar
  4. Eu si o sabía, pero xa ves... non se me ocorreu comentalo.

    ResponderEliminar
  5. :) Ti no es culpábel,
    os de el zorro xa hai semanas que o tiñan na súa web, desde o 23 de abril; unha rapaza de el zorro que me escrebe comentou-me hai un rato no post que foi unha coedición entre as dúas editoriais. A próxima vez non comprarei tan pronto, é que foi chegar á Trama e alí estaba el esperándo-me. Bo dia!

    ResponderEliminar

 
TOP