Loading...
5.5.08

CANTAS VECES CHO TEREI DITO!


Aproveitei estes días de relax para ler algunhas cousas de literatura infantil que tiña atrasadas. Empezando por este "Te lo he dicho 100 veces", da autora arxentina Gabriela Keselman e da ilustradora e deseñadora italiana Claudia Ranucci. Con el gañaron a XXVI edición do prestixioso premio Appel.les mestres que todos os anos convoca a editorial Destino.
É un libro ben pensado para os máis pequenos, divertido, literariamente interesante, pero un tanto anárquico no seu deseño.
A alternancia de páxinas de lectura vertical e horizontal son necesidades de espazo, quizais non sexan o máis recomendable, pero esas mesturas de liñas de lectura... De todos os xeitos, é un libro máis que interesante. Penso que sen eses problemas de texto nalgunhas páxinas, puidera ter sido un libro imprescindible.
Sempre interesante reler a Rodari. Nesta ocasión, "El paseo de un distraído", ilustrado por Beatrice Alemagna. Na liña de todo Rodari, humor, disparate, xogo literario... Non me atrevo a dicir máis nada. Curioso que sexa SM quen publique agora neste luxoso formato, a obra do mestre italiano. Unha vez máis, os que sempre publicaron a obra deste grande da literatura infantil, perdérona. O outro día chiváronme que Kalandraka vai publicar proximamente un libro seu en galego. Pero nesta ocasión terá as ilustracións e o formato da primeira edición en italiano.


¡CUÁNTAS VECES TE LO HABRÉ DICHO!



He aprovechado estos días de relax para leer algunas cosas de literatura infantil que tenía atrasadas. Empezando por este "Te lo he dicho 100 veces", de la autora argentina Gabriela Keselman y la ilustradora y diseñadora italiana Claudia Ranucci. Con él ganaron la XXVI edición del Premio Apel.les mestres que todos los años convoca la editorial Destino.
Es un libro bien pensado para los más pequeños, divertido, literariamente interesante, pero un tanto anárquico en su diseño. La alternacia de páginas de lectura vertical y horizontal son pura necesidad de espacio, quizá no muy recomendable, pero esas mezclas de líneas de lectura tan variadas...
De todas formas un libro más que interesante. En mi opinión, podría haber sido un libro imprescindible.

Siempre interesante releer a Rodari. "El paseo de un distraído", ilustrado por Beatrice Alemagna. En la línea del maestro italiano, humor, disparate, juego literario... No me atrevo a dicir nada más. Curioso que sea SM qiuen publique ahora en este lujoso formato toda su obra. Una vez más, los que siempre lo publicaron, han perdido la iniciativa. Me han chivado el otro día que Kalandraka va a publicar un libro suyo con las ilustraciones de la primera edición italiana y respetando el formato original.

3 comentarios:

  1. O de Rodari fascina á miña nena de tres anos e máis ao poder visualiza-lo en Dvd. A edición non está nada nada mal, preciosa a portada, boísimo o papel, pero tamén Un león en París é unha marabilla (este xa o comprei máis para min ;) ).
    Por certo onte pillei na miña librería habitual dous novos de El zorro rojo, adivina cales, e unha revisión de El taller de las mariposas de Barbara Fiore e fantásticos! Teño un libreiro que é un sol, garda-me aqueles libros que penso comprar aínda que non sexa hoxe nin se cadra no mesmo mes, e pendientes quedan os novos de Jimmy Liao e O Novo libro do abecedario, todos de Barbara Fiore. Xa contarás se che cadra ter algún.

    ResponderEliminar
  2. De "Un león en París" non che digo nada porque na miña última visita a Francia quedei coas ganas de traelo en francés, o mesmo que un libro de banda deñada titulado "ma maman" que publicou Gallimard.
    Dos libros de Jimmy Liao, o que máis atractivo me parece é "Desencuentros", pero aínda non os lin con detenemento.
    O que vou coller é a revisión do "Taller..." Sempre me pareceu un bo libro, de feito é un dos que teño sempre a man porque é unha especie de xénese moderno.

    ResponderEliminar
  3. O libro de Gallimard te-lo en castelán: Mi mamá (está en América y ha conocido a Buffalo Bill) na páxina de Ponent portada e fotos do interior vistazo

    ResponderEliminar

 
TOP