Loading...
12.4.08

Un paseo pola arte e o deseño do século XX


Moitos libros sedúcenme pola mirada ou polo título; confeso que merquei moitos libros levado por eses dous sentidos: o da beleza visual e a sonoridade das palabras. Confeso tamén que moitos deles enganáronme cunhas espectativas que quedaron lonxe do que nun principio esperaba. Agora ando tan cauto que xa procuro ler para que non me enganen con literatura útilitarista nin con imaxes deslumbrantes que ocultan un baleiro literario amparado en fórmulas de creación repetidas a forza de pequenos éxitos. Pero mira ti por onde, que atopei un libro que me resultou atractivo e que me levou sen que me dese conta a dar un paseo pola arte e o deseño funcional do século XX. "Juego de pistas en Volubilis" de Max Ducos. Se as informacións non me fallan debe estar recén saído en Franza o seu segundo libro. Atopei a Mondrian colgado da parede, a Van der Rohe, a Calder, a Wright... e quizais a algúns outros que por descoñecidos non souben descubrilos. Por que non me decatei do que estaba pasando? -Obviamente, trátase dunha pregunta retórica que pode quedar ben no tono deste post- Pois simplemente porque todo estaba oculto baixo un relato de descubrimento seguindo unha serie de pistas que me fixeron ir e vir por unha casa moderna. E foi nese percorrido que a miña ollada se atopou co más salientable e asimilable da arquitectura, a pintura ou o mobiliario da primeira metade do século XX para uns ollos infantís. Moi recomendable para unha lectura e unha visión en compañía.




Hay libros que me seducen por la mirada o por el título; confieso que he comprado muchos libros llevado por el sentido de la belleza visual y la sonoridad de las palabras. Confieso también que muchos de ellos me han engañado con unas expectativas que se quedaron lejos de lo que al final fueron sus lecturas. Ahora soy cauto y procuro leer para que no me engañen con esa odiosa literatura utilitarista o con imágenes deslumbrantes que ocultan un vacío literario amparado en creaciones de fórmula repetidas a fuerza de obtener pequeños éxitos de venta. Pero mira tú que me he encontrado con un libro que me resultó atractivo y que me ha llevado sin que casi me diese cuenta a dar un paseo por el arte y el diseño funcional del siglo XX. "Juego de pistas en Volubilis" de Max Ducos. Si no me fallan las informaciones que tengo debe estar ya en las librerías francesas su segundo libro. Me encontré con Mondrian al bajar las escaleras, con Van der Rohe, con Calder, con Wright... y quizás con algunos otros, que por desconocidos, no me di cuenta de que estaban allí. ¿Por qué no me di cuenta de lo que estaba pasando? -Obviamente es una pregunta retórica, pero que queda bien en este post- Pues simplemente porque todo estaba oculto tras un relato de descubrimiento siguiendo una serie de pistas que me hicieron ir y venir por una casa moderna. Y fue en ese recorrido que mi mirada se encontró con lo más destacado y asimilable de la arquitectura, la pintura o el mobiliario da la primera mitad del siglo XX para los ojos infantiles. Muy recomendable para verlo en compañía.

5 comentarios:

  1. A min tamén me ten pasado, ás veces ao revés, que tardo unha eternidade por decidir-me por unha xoia, pasou-me iso con "Os tres bandidos", o libro favorito do meu neno.
    Outras, nin iso nin ao revés; pása-me que estou toda emocionada cun ilustrador e ao cabo do tempo descobro xente que ainda o fai mellor e... ao final querendo ter unha biblioteca ilustrada un pouco xeitosa vexo algo de poutpuri.
    Hai anos estaba toda obsesionada por conseguir todos os Tintins posíbeis en galego, sempre pensando no marabilloso que me parecian eses contos de pequena. Que mala vida teñen estes contos, a encadernación deteriora-se con facilidade. Por certo que Asterix tamén me divertia moito, hoxe as películas parecen-me histriónicas e feísimas, non sei o que opinarán os nenos dos cómics, saberei-no dentro dun ano.
    O que boto moito de menos son boas antoloxías de ilustradores; as de Taschen están ben, pero seguro que hai moita máis xente non tan cool e cosmopolita que podía estar. Teño os dous tomos de Martin Salisbury sobre ilustración de libros infantís na editorial Gustavo Gili. Están xenial, pero creo que tamén falta xente! ¿Que se fai polos países eslavos? Os xaponeses tan artistas non aparecen... iso si, dos que fala nada que dicir. Cada día descobro a xente incribel; estas semanas dei-lle un repaso á rede na procura de ilustradores checos, algúns editados hai anos por estes lares como Josef Palecek pero cunhas edicións ás veces pouco nítidas (anos 80, era predixital)etc. etc. etc.
    Este libro do que falas xa me tiña moi boas pintas, pero quería ve-lo e non estar pedindo sempre na libreria. Iso é un rollo, despois síntes-te obrigada a compra-lo. Hai pouco fixéron-lle moita propaganda a unha serie de libros sobre cidades con especial interese na súa arquitectura. Falo de Valentina en París, en NY... de Anatxu Zabalbeascoa, especialista en arquitectura, diseño y arte. Bonitas ilustracións, bonita edición pero só ten interese para nenos (ao meu ver) de oito anos enriba que coñezan ou viaxen a esas cidades. Como non sobra moito diñeiro por moita publicidade mediática que lle fagan, non creo que entren na casa. E cando vaiamos a París repasaremos un león en París de Beatrice Alemagna e se hai moitos cartos (haha, ;I) veremos se merecen tanta atención na prensa.

    ResponderEliminar
  2. Olivia recoméndoche un libro francés titulado "Lire l'album" de Sophie Van der Linden, creo que tamén é parcial porque se centra moito no album europeo, especialmente no francés. É certo que hai moi bos ilustradores e albums moi novedosos en Franza (François Roca, Ungerer, Christian Voltz, Patrick Couratin...), pero creo que hai excelentes ilustradores en Xapón, México, Arxentina ou Corea, e ben podían contemplalos. Seguimos sendo eurocéntricos ou "occidentocéntricos".

    ResponderEliminar
  3. Xa vin o que se publicou de Christian Voltz e que marabilla, en galego! o peor é que me fai pensar en Isidro Ferrer, encántame ese home, e na comparación o francés perde, collín o libro pensando que era de ferrer e dixenme "mmm, non é tan luminoso como o resto", despois xa caín. A verdade é que ten un estilo diferente pero dentro da mesma liña.
    Por certo, comprei algún libro en inglés e francés na librería do LA Central en Barcelona ONLINE!!! están a piques de vender esta xoia polo que parece: e petit chaperon rouge de Warja Lavater http://www.lacentral.com/9782911782954

    ResponderEliminar
  4. Pois una prestixiosa e simpática editora dixo-me que van publicar o infinito da Pacovská, haberá que reserva-lo, entre os estudiantes de arte, os literatos, ilustradores e papás esgotara-se nun plis, ou son demasiado optimista?
    O regalo, uns links recén descobertos, pode-los compartir pero non é necesario citarme:
    para curiosear libros por dentro unha biblioteca virtual International Children’s Digital Library, lookybook
    para comprar pero en xaponés http://www.lab-curio.com/book/illustrator-eng.html
    y algún máis quizais xa che falaei deles: buyillust

    e wendybook nestes dous enlaces é interesante ver as columnas da dereita, os french books e demais. Teño ainda uns cantos inks máis para curiosear libros clásicos, estes xaponeses teñen auténticas tendas-bibliotecas de libros europeos esgotados!

    ResponderEliminar
  5. Estupendo! Xa comentei que andaban detrás dela para publicala, pero... non sei...
    Os enlaces moi interesantes. Curiobooks xa o coñecía. Hai algunhas páxinas que che permiten curiosear en verdadeiras xoias, pero a informática, igual que facilita, fainos máis dependentes da tecnoloxía, e a min falloume e perdín toodos os meus marcadores. Agora descubrín foxsaver e de.li.cious que para estas cousas son unha marabilla.

    ResponderEliminar

 
TOP