Loading...
17.4.08

Novos proxectos

Desde hai algúns meses sei que se está preparando un novo proxecto editorial froito da confluencia de dúas mentes inquedas. A liña que pretende seguir este primeiro proxecto, de orixe Vetónica, nacido á sombras das oliveiras e entre os sons montesíos dos cabreiros, é a de editar moi poucos títulos ao ano. Pretenden facer emerxer algúns títulos esquecidos desde hai bastante tempo por outros editores.
Pero si que me resultou sorprendente coñecer o segundo. Este vén arrolado polos ritmos vagarosos das ondas. É un proxecto, de momento indivicual, que vén coa idea de editar algún título máis ca o anterior. Libros raros, singulares, que o editor define como de "arte e ensaio", con vocación minoritaria, aínda que sabe que quizais algún título poida resultar un éxito comercial. Este xa ten nome, pero imos gardar o segredo ata que se anuncie oficialmente a súa presentación.


Desde hace algunos meses, sé que se está preparando el lanzamiento de una nueva editorial, una editorial a pequeña escala, fruto de la confluencia de dos mentes inquietas. La línea que pretende seguir este primer proyecto, de roigen Vetónico, ancido entre olivares y los ecos montesinos de los cabreros, es editar poquitos títulos al año. Pretenden hacer resurgir algunos títulos olvidados por los editores desde hace bastante tiempo.
Pero sí me resultó sorprendente el segundo. Mecido por las olas atlánticas, es un proyecto, al menos de momento, individual, que nace con la idea de editar algunos títulos más que el anterior. Libros raros, singulares, que el editor define como de "arte y ensayo", con vocación de minorías,aunque sabe que algún título quizá resulte un éxito comercial. Éste ya tiene nombre pero permitidme que me lo reserve hasta que se anuncie su presentación.

1 comentarios:

  1. pois haberá que esperar a que contes, cachis que curiosidade, xa estou barallando algún nome galego pero desde que deixei de facer vida social-literaria (os cativos!) non me entero de nada, a ver se o Lois me di algo

    ResponderEliminar

 
TOP