Loading...
1.4.08

THE NIGHT OF THE TREES



O libro publicado pola editora india Tara Publishing, xa ten editor en España, trátase de Facktoría K de Libros, que xa publicaran anteriormente outro libro desta mesma editorial, caracterizada polo tratamento artesanal dalgúns dos libros que publican, titulado Animalario, arte de la India. Este libro acaba de recibir un premio na Feria de Bolonia dentro do apartado denominado New Horizons, dirixido ás publicación de países árabes, latinoamericanos, asiáticos e africanos.

__________________________________
THE NIGHT OF THE TREES

El libro publicado por la editorial india Tara Publishing ya tiene editor en España, se trata de Faktoría K de libros, que ya había publicado anteriormente otro libro de esta editorial, Animalario, arte de la India; caracterizado por el tratamiento artesanal de todo el proceso de creación del libro, desde la fabricación del papel hasta la propia impresión. Este libro acaba de recibir un premio en la Feria de Bolonia, dentro del apartado denominado New Horizons, centrado en las ediciones de los paises árabes, latinoamericanos, asiáticos y africanos.

4 comentarios:

  1. Por certo encantoume ler o post do do 1 de abril, heino de celebrar, imaxino que me lembrarei a pesar de que non teña a repercusión mediática da outra celebración.

    Esta editorial da que falas é realmente refinada nas súas edicións, que maravilla, estaremos pendientes.

    Teño unha pregunta que quizais non saibas, pero por se acaso, sabes quen vai publicar O verán de Garman (ou germán ou como se traduza) de Stian Hole? Sei de boísima fonte que xa compraron os dereitos para Spain, sei de quen non os ten (prestixiosa editorial) pero descoñezo o afortunado propietario. Sendo a obra gañadora do ano pasado en Bolonia digo eu que se venderá como churros, mágoa que non a tivesen para hoxe! Se te fixas en amazon (alemán, francés, inglés) todos publican-a en abril, a edición inglesa xa está a venda. Hai marabillosos libros a piques de saír, pero este tenme unha fantástica portada e o interior promete 1, 2, 3, 4 e hai outra moi simpática da avoa con colar e encima dunha táboa pola rúa.

    ResponderEliminar
  2. Teno Kókinos, pero hai unha cousa que me despista. Se consultas os prezos de Amazon en Inglaterra, Barnes and Noble nos USA e o de Kókinos, hai unhas diferenzas abismais. Haberá diferentes edicións? A verdade non cho sei.

    ResponderEliminar
  3. moitísmas grazas, acaban de poñer a portada hai pouco claro está, pero co que me gustaría co outro título
    mmm,
    pois estamos apañados, como faga como co libro de Kveta Pacovská "O pequeno rei das flores" cando se lles esgote, tamén teño que dicer que me contestaron moi rápido e que indicaron que a reedición dependía un pouco do editor orixinal.
    A verdade é que baraxaba a opción Alfaguara ou Kokinos. Mañá mesmo lles digo aos de Trama de Lugo que mo pidan.
    Imaxino que as edicións serán iguais, o que pasa é que a nós sáenos baratísimo comprar en dólares; calquera libro que compres en libras no amazon.uk é carísimo, seino porque adoito comprar en inglés e sempre a Usa (xa sei que así non axudo á conservación do planeta). Pero vexo que no Reino U nido están sen stock, por iso esa barbaridade nos vendedores particulares de amazon. Os alemáns teñen o nivel de vida un chisco máis alto ca nós.

    ResponderEliminar
  4. Olivia non creas que a culpa de que non se reedite O pequeno rei das flores sexa da editora. Cónstame que a Pakovska é unha persoa que adoita facer borrón e conta nova con moitos dos seus libros. Hai pouco contoume un amigo que tiña interese na súa obra, que intentaron falar con ela dalgún libro que hai varios anos que se publicou fóra e que a boa da muller non quere saber nada de que se faga unha edición nova.
    Por certo que tamén me comentaron que había editores galegos que andaban detrás de publicar algunha obra súa, pero non sei en que punto están agora as cousas.
    Eu teño algún inédito aquí que tiven que mercalo en alemán.

    ResponderEliminar

 
TOP