Loading...
2.4.08

NATALIA COLOMBO, PREMIO COMPOSTELA

A ilustradora e deseñadora arxentina Natalia Colombo gañou o I Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados, convocado pola Concellaría de Educación de Santiago e Kalandraka, coa obra titulada “Cerca”. Considerado polo xurado como un “perfecto álbum ilustrado”, “Cerca” é unha fábula sobre a incomunicación, unha reflexión poética e profunda sobre as relacións interpersonais e o individualismo, sobre os desexos e as emocións. Dende o punto de vista literario destaca pola súa sinxeleza narrativa e a engranaxe interna do relato, que plasma o paralelismo entre as accións dos protagonistas: un pato e un coello que viven pechados na súa soidade; nese sentido, a obra invita ao lector a non darlles as costas aos demais, “privándose da posibilidade de compartir os momentos máis simples e felices da vida”, como explica a propia autora. Ademais da ilustración infantil, Natalia Colombo desenvolve o seu traballo nos suplementos do xornal La Nación, un dos máis importantes da Arxentina. Queres coñecer mellor o seu traballo?


O xurado considerou tamén que o álbum La nube de Martín, con texto de Javier Sobrino e ilustracións de Rebeca Luciani merecía a consideración de finalista. Ámbolos dous son de sobra coñecidos, un polo traballo que con grande mérito vén desenvolvendo dentro do grupo de redactores da revista de literatura infantil Peonza, e Luciani como ilustradora de bastantes libros, curiosamente teño sobre a mesa un deles, O sorriso de Daniela. Así mesmo mencionou outros catro títulos que posiblemente sexan publicados segundo comunican fontes da editorial convocante. Premios e mencións teñen un sabor claramente arxentino e portugués. Entre as obras que se mencionan hai un texto do profesor José António Gomes, de sobra coñecido polos seus estudos sobre a literatura infantil portuguesa, e máis concretamente sobre a poesía.

_________________________________
NATALIA COLOMBO PREMIO COMPOSTELA
La ilustradora argentina Natalia Colombo ha ganado el I Premio Internacional Compostela de Álbumes Ilustrados, convocado por la Concellaría de Educación de Santiago y Kalandraka, con la obra titulada “Cerca”. Considerado por el jurado como un “perfecto álbum ilustrado”, “Cerca” es una fábula sobre la incomunicación, una reflexión poética y profunda sobre las relaciones interpersonales y el individualismo, sobre los deseos y las emociones. Desde el punto de vista literario destaca por su sencillez narrativa y el engranaje interno del relato, que plasma el paralelismo entre las acciones de los protagonistas: un pato y un conejo que viven encerrados en su soledad; en ese sentido, la obra invita al lector a no darle la espalda a los demás, "privándose de la posibilidad de compartir los momentos más simples y felices de la vida", como explica la autora.
Además de la ilustración infantil, Natalia Colombo dessarrolla su trabajo en los suplementos del diario La Nación, uno de los más importantes de la Argentina. Descubre su obra.


El jurado ha considerado también que el La nube de Martín, con texto de Javier Sobrino e ilustraciones de Rebeca Luciani merecía la consideración de finalista. Ambos son de sobra conocidos, el uno com oautor y redactor de la revista cántabra Peonza, y Luciani como ilustradora de un número significativo de libros, curiosamente uno de ellos lo tengo en este momento sobre la mesa, La sonrisa de Daniela. Así mismo mencionó tres textos más de autores argentinos y portugueses, entre los que se encuentra uno del profesor José António Gomes, de sobra conocido por sus estudios sobre la literatura infantil portuguesa, y más concretamente sobre la poesía. Fuentes de la editorial han mostrado interés por publicar todas estas obras.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP