Loading...
15.4.08

Máis libros interesantes

Incursión nas librerías para ver que novidades hai de interese ou redescubrir cousas interesantes xa publicadas hai algún tempo. De aí á aparición doutros libros que tiña na memoria, un paso.


Seis ratones ciegos, unha historia xa contada a última que lembro, a de Ralph Steadman, pero cunhas excelentes ilustracións para os máis novos.










Unha historia de Lorca, contada en versos e magnificamente ilustrada por Javier Zabala. Quizais influenciado por "La historia del soldado Salomón" inspirase a idea de facer un libro coma este. Este ano foi un dos premiados na Fiera de Libri per Ragazzi de Bologna.







Alguén pensa que non se pode contar unha historia tan cotiá como os derradeiros días antes de comezar o curso? Para min este libro é unha pequena xoia que nos reconcilia coa literatura en toda a súa dimensión e cunha ilustración con personalidade.








Pequenos relatos de pequenos animais. Todo en pequeno tamaño, pero con gracia, humor, sentido do xogo








Por que hai libros tan bos coma este que pasan sen que se fale deles? A parte da ambientación na Italia do Renacemento con toda unha serie de personaxes fascinantes, dende Lorenzo de Medici á propia protagonista, está magnificamente escrito. Xa ten algún tempo, pero non podo resisitirme a recomendalo.





0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP