Loading...
1.4.08

LADRÓNS MOI CULTOS

Un está afeito a escoitar novas de roubos, máis agora que parece que temos entre o vecindario xente que se adica a este oficio, pero resultoume sorprendente coñecer que hai ladróns refinados, e non precisamente polo xeito de realizar o traballo. Aínda queda xente capaz de sorprendernos. Todos temos oído a algún amigo gabándose daquel libro que mangou en non sei que librería. Cando todo o mundo se lamenta dos resultados publicados no Informe Pisa ou do baixo que caeu o nos índice de lectura segundo o Gremio de Editores de España, atopar uns ladróns que puxeron como obxectivo das súas falcatruadas, nada máis e nada menos que as obras completas de Emilia Pardo Bazán, merece un espazo neste blog. Non o cren? Pois vexan e escoiten a nova que recollía hoxe o telexornal mediodía da TVG. Galicia sitio distinto, que dicían Os Resentidos.

____________________________
LADRONES MUY CULTOS


Uno está acostumbrado a escuchar noticias de robos, especialmente ahora que entre el vecindario parece que se ha instalado gente que dedica su tiempo y esfuerzos a este oficio, pero me ha resultado sorprendente conocer que hay ladrones de esos que uno nunca sospecharía que existiesen. Porque todos hemos oído fardar al colega de turno de la ocasión en que decidió robar no sé que libro en tal o cual librería. Cuando todo el mundo se lamenta de los resultados del Informe Pisa, de lo bajo que tenemos el índice de lectura, encontrarse con unos ladrones que se han puesto como objetivo de su fechoría nada más y nada menos que las obras completas de Emilia Pardo Bazán, merece un espacio en este blog. ¿No se lo creen? Pues
vean y escuchen la noticia que se recogía en el Telexornal mediodía de la TVG. Galicia, sitio distinto, que decían Os Resentidos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP