Loading...
2.4.08

CENTRO IBBY EN SANTIAGO

A Consellería de Cultura acaba de anunciar a signatura dun acordo co IBBY para crear na Biblioteca Nacional que comezará a funcionar na Cidade da Cultura o vindeiro ano, un Centro de Literatura Infantil e Xuvenil para a Diversidade Cultural. Os obxectivos deberán analizarse máis a fondo, especialmente no que se refire á planificación das actividades no tempo. Pero é desde logo unha magnífica noticia que nos permite ter a man un punto de enorme interese que aporta un gran valor engadido ao proxecto da Cidade da Cultura. Unha iniciativa que deberá ter tamén concrecións presupostarias. O Congreso previsto para o 2010 en Compostela é unha magnífica oportunidade para darnos a coñecer, sen medo de presentarnos como somos, para o bo e para o malo; sen vender fume, pero tamén sen botarnos a perder en pleitos minifundistas. Algo que vén sucedendo co tema da Feira do libro de La Habana. Non nego o dereito que ten calquera a fiscalizar as contas públicas (Se os grupos políticos fosen tan dilixentes para facer no goberno o que din e fan cando estan na oposición...), pero o espectáculo que está dando o PP coas cámaras de televisión gravando a súa entrada para analizar as facturas da Consellería de Cultura, ten máis de espectáculo que de fiscalización. E creo que teñen todo o dereito do mundo a criticar.
Por certo, e aínda que non ten que ver co tema, pareceume magnífico o artigo de Xosé María Álvarez Cáccamo publicado
en A Nosa Terra baixo o título de Galiza políglota, que agudeza!


_________________________________
CENTRO IBBY EN SANTIAGO

La Consellería de Cultura acaba de anunciar la firma de un convenio con el IBBY para crear en la Biblioteca Nacional de Galicia que se abrirá en el año 2009 dentro del complejo de la Cidade da Cultura, un Centro para la investigación y difusión de la diversidad cultural en la literatura infantil y juvenil. Los objetivos y la planificación temporal deberán concretarse más, así como los recursos presupuestarios y el perfil del personal que lo gestione. Mientras tanto sigue el espectáculo mediático sobre la fiscalización de cuentas de la participación gallega en la Feria del libro de La Habana. Que diferente proceder cuando se está en el gobierno y cuando se está en la oposición. Reconociendo el derecho de todos, y más de los miembros del Parlamento, a conocer las cuentas públicas. ¿Recordarán el día que vuelvan al gobierno estas cosillas?
Sin que tenga nada que ver con el tema, quiero recomendar el artículo de Xosé María ÁLvarez Cáccamo en A Nosa Terra titulado Galiza políglota, de una agudeza extraordinaria.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP