Loading...
31.3.08

RECUPERANDO AS TRADICIÓNS

Aínda que hai quen na súa ignorancia pensa que o Halloween é unha tradición anglosaxona, eu estou por recuperar os vellos costumes. E para iso nada mellor que lembrar para os que esquecesen e divulgar para os que non teñan lembranza da súa existencia que...

O PRIMEIRO DE ABRIL VAN OS BURROS ONDE NON DEBEN IR.

A miña avoa sempre me advertía de que tal día coma este tivese coidado e non crese todo o que me dixesen. Algunha vez esquecín que era 1 de abril e caín nas trampas sen maldade que artellaban os amigos. Hai pouco souben que noutros países, especialmente celtas, celebraban tamén o April fool's day. E a pesar de todo haberá quen diga que é un síntoma de colonización cultural, cando a transculturación veu coa celebración do día dos inocentes.

Deséxovos que gastedes moitas bromas neste día.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP