Loading...
6.3.08

O LIO DA HABANA

Vaia liorta co tema da Habana! O artigo de Pedro de Llano en El País, as intervencións dos voceiros do PP e as xustificacións da conselleira de cultura. A todo isto, os editores gardando un discretísimo silencio e os autores defendendo a presenza de semellante batallón literario e non literario. A min non me parece que sexa criticable o feito de que haxa unha presenza en calquera país do mundo na situación política que sexa, o que non debe significar que con iso vaiamos lexitimar ningún réxime. Aínda que defendo que a xente debe ter a liberdade de dicir o que pensa e actuar conforme ao seu pensamento. Pero si que pode ser discutible o criterio co que se selecciona a xente que vai estar presente. E sempre haberá razóns para criticar calquera selección que se faga. A presenza exterior da cultura galega considéroa fundamental, pero discrepo que o interese estratéxico sexa unha feira das características da d'A Habana: É máis determinante na nosa proxección internacional a presenza con stands axeitados, persoal cualificado e acollendo a todos os editores, en feiras como a de Guadalaxara (México), Boloña (Italia), Francfurt (Alemaña) ou o Líber (España). Esas son feiras profesionais nas que os editores e autores (de texto e ilustración) van vender os seus libros.

________________________________

Vaya follón se ha montado con la presencia de los editores y autores gallegos en la Feria del Libro de La Habana. Empezando por el artículo de Pedro de Llano en la edición gallega de ElPaís, las intervenciones de los portavoces del PP y las justificaciones de la conselleira de cultura. Mientras tanto los editores han guardado un discreto silencio y los autores defendiendo la presencia del batallón literario y no literario. A mi no me parece criticable el hecho de que tengamos presencia en cualquier país del mundo en la situación política que sea, lo que no debe interpretarse que con eso vamos a legitimar a ningún régimen. Aunque defiendo que debemos tener la libertad de decir lo que pensamos y actuar conforme a ese pensamiento. Pero sí que puede ser discutible el criterio de selección de los autores presentes. Y siempre habrá razones para criticar cualquier selección que se haga. La presencia exterior de la cultura gallega es fundamental, pero discrepo que que nuestro interés estratégico pase pase por una feria de las características de la de La Habana. Es más determinante en nuestra proyección internacional la presencia con stands adecuados, con personal que conozca la materia y acogiendo a todos los editores en ferias como las de Guadalajara (Méjico), Bolonia (Italia), Francfurt (Alemania) o el Líber (España). Esas son ferias profesionales en las que editores y autores (de texto e ilustración) van a vender sus obras.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP