Loading...
24.3.08

COMO ATOPAR BOS LIBROS FÓRA DE CIRCULACIÓN

Aproveitei unha viaxe de encontros pola Serra de Gredos, arredores do Pico del Moro Almanzor, para visitar a librería do meu amigo Juan Carlos Jiménez en Candeleda e para procurar algúns libros descatalogados (Para min todas estas ocasións as pintan calvas). Porque aínda que eu non o sabía ben de todo, na librería deste home un pode descubrir unha boa selección de libros infantís, pero aínda por riba podes atopar exemplares de "Papá de noche" de María Gripe, "Cuando los feroces piratas van a navegar", "Persecución feroz" ou todos os "Iris" ilustrados por Carme Solé Vendrell para Aura . Ademais puiden facerme con algúns videos de animación, tamén de Aura, que comentei hai uns días ao falar da película "Onde viven os monstros". Un bo recurso para conseguir libros, sobre todo tendo en conta que fai envíos a outros lugares de España.

_________________________________
COMO ENCONTRAR LIBROS FUERA DE CIRCULACIÓN

He aprovechado un viaje de encuentros por la Sierra de Gredos, alrededores del Pico del Moro Almanzor, para visitar la librería de mi amigo Juan Carlos Jiménez en Candeleda y hacerme con algunos libros descatalogados (Para mi todas estas ocasiones las pintan calvas). Yo no lo sabía con certeza pero en la librería de este hombre uno puede encontrar una buena selección de literatura infantil actual, además de ejemplares de títulos ya raros como "Papá de noche" de María Gripe, "Cuando los feroces piratas van a navegar", "Persecución feroz" o todos los "Iris" que Carme Solé Vendrell ilustró para Aura. Además he podido hacerme con algunos vídeos de animación, también de Aura, de los que hablé hace unos días en el post "Onde viven os monstros". Un buen recurso para conseguir libros, sobre todo teniendo en cuenta que realiza envíos a otros lugares de España.

1 comentarios:

  1. Estaría ben que deixaras como contactar coa libraría, xa que fai envíos; ten web ou algo?

    ResponderEliminar

 
TOP