Loading...
8.2.08

OPINIÓNS E FUNDAMENTO

Significativo do estado da crítica literaria en España. Qué pena que tal editor non teña recollido a tradución de fulanito. O peor de todo é que cando un se informa de quen é o responsable da opinión, este nin coñece o texto orixinal nin fixo un estudo comparado das dúas traducións. Iso si, o primeiro tradutor é unha persoa con moito nome, o segundo é un descoñecido. Pero como van dicir que unha persoa que non ten un nome idolatrado ou non é autor consagrado pode facer unha tradución á altura do que si o ten. O máis triste é que opinións sen coñecemento dos textos orixinais abundan cada día máis. Claro que se se outorgan premios á tradución ás feitas por medio de lingua interposta, tampouco nos pode parecer estraño que cousas como estas sucedan.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP