Loading...
15.2.08

NON É UNHA CAIXA



Faktoría K de libros acaba de publicar un album infantil, dirixido a nenos a partir de dous anos, que me parece do máis interesante dentro deses libros onde o importante non é tanto a historia que se conta, canto a invitación a unha visión imaxinativa dos obxectos, aplicándolles unha dimensión fóra dos seus límites físicos. De3 aí o título, "Non é unha caixa". Da autora, Antoinette Portis, pouco ou case nada sabemos, creo que este é o seu primeiro libro en España
Este libro parte da base de que as cousas non teñen por qué ser o que parecen e que podemos realizar con elas un xogo de apariencias e percepcións, un xogo no que é tan importante o obxecto que se percibe como a súa extensión imaxinaria no espazo. A concepción do libro acerta ao facilitar a visión dos lectores do real e do imaxinado. Ademais disto é un libro absolutamente limpo, o que facilita ese xogo de percepcións que se establece entre o lector e o protagonista da historia.
Parte da base da capacidade dos nenos e nenas de construír realidades imaxinarias a partir da forma dos obxectos. Non sei por qué, pero invítame a revisitar os atlas do universo para redescubrir as formas que os antigos gregos atoparon nas constelacións: Orión, o cazador e guerreiro co seu escudo; Escorpio e tantas outras que nos trasladan ao mundo marabilloso dos mitos.
Este libro acadou nos Estados Unidos diversos premios e presenzas en listas de honra como a da New York Public Library's "One hundred Titles for Reading and Sharing", o ALA (American Library Association) Notable Children's Book e o Theodor Seuss Geisel Honor Book.
Aquí podedes ver unha pequena entrevista realizada para Bookpage, America's Book Review.


Castellano

Faktoría K de libros acaba de publicar un album infantil, dirigido a lectores a partirde los dos años, que me parece de lo más interesante dentro de una línea de libros donde lo más interesante no es tanto lo que se cuenta como la invitación a un juego perceptivo, una visión imaginativa de los objetos, aplicándoles unha dimensión que traspasa los límites físicos de su espacio. De ahí el título, "No es una caja". de su autora, Antoinette Portis, poco o casi nada sabemos, creo que este es su primer libro en España.
Este libro parte de la base de que las cosas no tienen por qué ser lo que parecen y que podemos establecer un juego de apariencias y percepciones, un juego en el queno es tan importante el objeto que se percibe como la extensión imaginaria en el espacio. La concepción del libro, tan clara y tan limpia, facilita la lectura visual, con ese juego de percepciones que se establece entre el lector y el protagonista de la historia.
Parte de la existencia de la capacidad de los niños para construir realidades imaginarias a partir de la forma de los objetos. Sin que me haya dado cuenta me ha invitado a revisitar esos atlas del universo para descubrir las formas que los antiguos griegos encontraron en las constelaciones
: Orión, el cazador y guerrero con su escudo; Escorpio y tantas otras que nos sumergen en ese mundo maravilloso de la mitología clásica
Este libro ha obtenido en los Estados Unidos diversos premios y menciones como la presencia en las listas de la New York Public Library's "One hundred Titles for Reading and Sharing", o ALA (American Library Association) Notable Children's Book y el Theodor Seuss Geisel Honor Book.
Aquí podéis leer una pequena entrevista realizada para Bookpage, America's Book Review.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP