Loading...
11.2.08

FALANDO DE PETER NEWELL

Puiden ler o libro de Peter Newell "El libro inclinado" que Thule publicou hai algún tempo en coedición con outros editores dos que só coñezo a Orechio Acervo. trátase dun clásico Estadounidense de principios do século XX, autor dunha media ducia de libros infantís que acadaron un notable éxito entre os nenos norteamericanos. A edición realizouse cun notable coidado, mais ten un inconveniente ao meu entender: non se respectou a estructura orixinal. Isto podería non ter unha grande importancia, pois casos temos de traductores que fixeron excelentes adaptacións, pensemos no caso da versión de Miguel Azaola realizou no seu momento dun clásico afortunadamente recuperado "La aventura dormidable del hombrecillo indomable", que mesmo ten unha graza que o orixinal quizais non teña en toda a súa extensión.


Neste caso, as cousas son diferentes, a súa lectura non é tan musical nin tan rítmica coma o orixinal. Os versos riman dous a dous na versión inglesa, mentres que na versión castelá non sucede o mesmo. Se un se molesta en facer unha lectura en voz alta, a rima parece non existir, pese a que sempre hai dous versos que o fan.
Un dos risco da tradución deste tipo de libros é alonxarse tanto do orixinal que semellan obras diferentes e na que se traizoa o estilo do autor ou, pola contra, querer pegarse tanto á literalidade do orixinal que a tradución parece forzada e carente de ritmo poético.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP