Loading...
24.2.08

BARRIO LEJANO


Sempre gusta facer algunha recomendación de lectura; lanzala coma diría o mestre Rodari nun estanque e ver como se produce esas ondas concéntricas que se van extendendo e chegando a todas as partes. Hai algún tempo falara de Generación X, a librería madrileña onde me recomendaran algúns títulos de banda deseñada. Hai unhas horas rematei a lectura do segundo tomo de BARRIO LEJANO, unha especie de Regreso ao Futuro, máis coherente que a película, sen esas fantasías das que tanto gustan os norteamericanos, e na que non se nos engaña coa posibilidade de transformar a vida, retornando ao pasado. O concepto científico do tempo como esa cinta dunha soa cara ou como unha realidade porosa pola que un pode viaxar nunca a entendín. En Barrio Lejano, Jiro Taniguchi fálanos da imposibilidade de cambiar a historia, pero si a de entendela e utilizala como forza para mellorar o futuro. Todo iso contado dun xeito que a nosa ollada queda prendida nas páxinas desta novela gráfica; iso a pesar de que o ritmo narrativo é, ás veces, moi semellante ao do cine oriental, con esas esceas longas e nas que o relato corre máis pola imaxe que polos diálogos. Pero iso non é sinónimo de parado ou aburrido, nin que se cumpra a frase que dicía, non lembro moi ben se Godard ou Truffaut, que cando nunha película europea, un coche se para nunha gasolineira, é porque vai botar gasolina, mentres que nunha americana é porque vai pasar algo. Creo que o desconcerto do personaxe tentando evitar o que xa sabe que sucedeu, sabendo que é inevitable está perfectamente reflexado.
Aos lectores que coma min non coñezades moito o mundo do manga, quitaravos moitos prexuízos con respecto a este xéner
o (Manga non é máis que a palabra que en xaponés designa a banda deseñada).


__________________________________________________________

Siempre gusta hacer alguna recomendación de lectura; lanzarla coma diría el maestro Rodari en un estanque y ver como se producen esas olas concéntricas que se extienden y llegan a todas partes. Hace algún tiempo os había hablado de Generación X, una librería madrileña donde me habían recomendado algunos cómics. En esta incursión por la lectura he terminado hace unas horas el segundo tomo de BARRIO LEJANO, una especie de Regreso al Futuro, más coherente que la película, sin esas fantasías que tanto les gustan a los americanos, y en la que no se nos engaña con la posibilidad de transformar la vida, retornando al pasado.
El concepto científico del tiempo como esa cinta de una sola cara o como una realidad porosa por la que unos puede viajar nunca la he entendido. En
Barrio Lejano, Jiro Taniguchi nos habñla de la imposibilidad de cambiar la historia pero si la de entenderla y utilizarla como fuerza para mejorar el futuro. Todo eso contado de un modo que nuestra mirada queda prendida en las páginas de esta novela gráfica, a pesar de que a veces el ritmo narrativo es pausado, semejante al del cine oriental, con esas escenas largas y en las que el relato de espacios breves de tiempo se alarga con acciones detalladas. Esto no debe interpretarse como sinónimo de parado o aburrido, ni que se cumpla esa frase que, no recuerdo si era de Godard o de Truffaut, que decía que cuando en una película europea un coche se detiene en una gasolinera, es porque va a echar gasolina, mientras que en el americano, es porque va a apasar algo. Creo que el desconcierto del personaje tratando de evitar lo que sabe que ya ha sucedido, intentarlo sabiendo que es inevitable, está estupendamente reflejado.
A los lectores que, comoi yo, no conozcáis demasiado bien el mundo del manga, os quitará muchos prejuicios con respecto a este estilo (Manga no es más que la palabra japonesa equivalente a cómic).




2 comentarios:

 
TOP