Loading...
12.2.08

A AVENTURA DE HANS TRAXLER

Nunha das primeiras notas deste blog falaba da edición por primeira vez en galego dun dos libros que eu considero imprescindibles, "A aventura sorprendente dun homiño moi valente". Moitos aínda o chamamos polo seu título en castelán, lingua na que o coñecemos. Este libro de Hans Traxler, un autor nacido na antiga Checoslovaquia, aínda que pertencente á minoría de fala alemana, forma parte da bagaxe literaria de moitos mozos e estou seguro que moitos nenos dos anos oitenta lembrarán magníficos momentos de lectura compartida vendo esta vella edición do libro.


Este libro destaca por riba de todas as cousas polo seu humor encantador e delirante, pola sobriedade da ilustración e por un notable uso da rima, algo que o autor repetiu noutros libros non publicados en España. Podo asegurarvos que os nenos drisfutarán deste libro e que recitarán as súas páxinas de memoria. Ata que Xerais realizou esta edición na coleción Sopa de Libros, soamente coñeciamos a de Altea, que era unha reprodución da de Gallimard, a editora francesa á que lle mercaron os dereitos no seu momento.

Qué fixo que Altea, e por extensión o Grupo Santillana, prescindise dun título coma este no seu catálogo? E que conste que ao falar de Altea refírome a calquera dos selos do grupo Prisa. Sei que hai anos, este libro andivo rondando outras editoriais que, na miña opinión, cun criterio errado na miña opinión, decidiron non publicalo. Afortunadamente Xerais acudiu ao rescate desta pequena maravilla, que moitos bibliotecarios anceiaban ver outra vez nos seus andeis. A pena é que optasen polo formato clásico de Sopa de libros, porque de ter respectado o formato orixinal tería sido un libro moito máis apreciable e, de paso, tamén máis caro.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP