Loading...
21.1.08

Redescubrir lecturas


Por que en certos momentos xurde na conversa un nome ou un título e se desencadea un torrente de ideas que nos empuxan a lecturas que tiñamos case esquecidas?
Hai unhas semanas xurdiu nunha conversa o nome de Etienne Delessert, un autor que convén descubrir, e púxenme a reler o libro da ilustración que abre este apuntamento, Como el ratón descubre el mundo al caerle una piedra en la cabeza. Na nota final de Piaget, que tiña totalmente esquecida, atopei o por qué de que un poida atopar nese libro os procesos de descubrimento do mundo físico. O animismo que se atopa na explicación da orixe do sol e da lúa, a aprendizaxe por descubrimento, ensaio-erro, e a linguaxe metafórica que acompaña sempre a fala infantil: "A sombra é un anaco de case-noite". Como non me dera conta antes de que libros como "Iria e a lúa" ("Os ratos que cada noite van roendo a lúa e facéndoa máis pequena, ata que unha noite desaparece".) teñen que ver con ese proceso de descubrimento e con ese xeito de explicar o mundo.
Desta lectura, pasei ao "conto nº 1" e ao "conto nº 2" de Ionesco, Yok-Yok e algún outro título máis que tiña colocado nos andeis da miña biblioteca. Xa sei cales van ser o próximos contos que lea na miña biblioteca.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP