Loading...
16.1.08

O que dá o Nadal

Que ben lle sentan a un eses días de lecer, nada que facer, cun pouco de sorte, mal tempo. Xa teño unha disculpa ideal para non saír da casa e ler canto non puiden ler nas semanas e meses anteriores.
Algunha sorpresa agradable, algunha decepción e algún maravilloso descubrimento.
Na primeira categoría, situaría Firmín , unha alegoría da lectura, dos cambios no rostro das cidades desde a ollada inxenua dunha rata. Ademais, cada certo número de páxinas, atopamos
unha ilustración de Fernando Krahn (Quen viu as tesoiras).

Buscando máis información por aí tanto sobre o libro como sobre o autor, personaxe certamente curiosa, atopei a imaxe da edición estadounidense.


Emocionante tamén me resultou a lectura dos poemas de Akiko Yosano, unha poeta apaixonada e fermosamente sensual, difícil de abranguer e chea de símbolos notablemente sinalados en cada un dos poemas por José María Bermejo e Teresa Herrero. O libro leva por título Poeta de la pasión e foi editado por Hiperión.




Aquí y ahora,
cuando me paro a recordar

mi pasión, me parece
que yo era como un ciego
que no teme la oscuridad.




Recomendo coñecer a biografía desta muller excepcional e descubrir a gran forza vital que a
adornaba.



A decepción foi outro libro que, curiosamente, tamén tiña como tema a lectura co protagonismo dun neno.
El librero de Selinunte, Gadir editorial, deixoume como estaba, peor, un tanto trasposto. De toda a novela, salvo o personaxe do libreiro un individuo sublime que sementa as palabras sen preocuparse do lugar en que caen. Sei que hai outras opinións sobre este libro, ínvitote a que xulgues por ti.
Unha pena! As cousas non sempre saen ben.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP