Loading...
31.1.08

ILUSTRANDO



Supoño que ás veces os editores teñen auténticos pesadelos á hora de decidir a quen lle encargar as ilustracións dun libro toda vez que neste momento hai traballando un feixe de ilustradores galegos, doutras partes das Españas e mesmo moitos estranxeiros que desenvolven a súa carreira entre nós. Hai pouco puiden coñecer a magnífica cualidade duns cantos dos que irei falando pouco a pouco. Hoxe traio a esta realidade electrónica a un que xa ten cousas publicadas en España, en editoriais como Tándem, Kókinos ou o recentemente reeditado segundo volume de "Los cuentos populares rusos" de A. N. Afanasiev.


O seu nome é Troshinsky; trátase dun ilustrador tan tremendamente novo como interesante. Capaz de expresarse en diferentes rexistros, a súa obra ten sempre algo de enigmática e deixa traslucir algo que nos invita a mergullarnos non só no que conta senón tamén no que oculta. Proximamente vai ter unha obra publicada en galego e agardo que os lectores e lectoras galegos poidan disfrutar das súas imaxes fortes e perturbadoras.



É unha mostra máis de que os lectores non só acceden a ilustradores de maior profundidade estética senón que tamén os esixen. De aí o traballo de Pablo Auladell para "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz (Xerais), do que falarei outro día, ou o proxecto que o propio Auladell amosa no seu blog para "A casiña de chocolate" (Kalandraka)


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP