Loading...
28.1.08

Emigrantes, Premio Fauve d'or

Acabo de ler en Público o resultado de Angouleme: Emigrantes de Shaun Tan recibiu o gran premio de Angouleme. Hai días que tiña a imaxe gardada no escritorio para darlle unha entrada, porque é un libro que se disfruta. Non hai unha soa palabra, nin falta que lle fai, porque é unha verdadeira maravilla gráfica. Por que estas cousas sempre veñen da man de pequenos editores independentes dos grandes grupos? Neste caso, hai que agradecerllo a Bárbara Fiore Editora, que sempre publica libros interesantes e que, como é lóxico, xa o recolle na súa web.
Para os que sexades algo dependentes e queirades coñecer algunha opinión sobre este cómic, podedes ver a reseña do 13 de maio pasado no blog de Álvaro Pons, Diario de Tebeos (DDT).

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP